O Teucro abre o seu proceso electoral á presidencia
Por Diego Espiño
O auditorio da Residencia de Estudantes Afundación acolleu este luns a Asemblea Xeral Extraordinaria coa que a Sociedad Deportiva Teucro dá por iniciado o seu calendario electoral á presidencia.
Carlos García-Alén aspira ao que sería o seu terceiro mandato á fronte ao club pontevedrés, despois de confirmar na anterior asemblea de socios a súa intención de presentarse, aspecto ratificado este luns nunha cita que tiña como obxectivo constituír a xunta electoral do proceso e aprobar o seu calendario.
Este establece o día 12 de decembro como data da convocatoria oficial de eleccións, momento no que se abrirá un prazo de cinco días para a formalización de candidaturas, para o que será necesario reunir avais do 10% dos socios teucristas.
Unha vez finalice este prazo, o 17 de decembro, e tras un día para posibles reclamacións, publicarase a listaxe de candidatos á presidencia previa á reunión, o 20 de decembro, da asemblea de socios na que se celebrarían as eleccións. No caso de que a García- Alén sexa o único aspirante, nesta data sería proclamado por terceira vez como presidente da entidade.
PARTIDO DE LIGA EN BARCELONA
No apartado deportivo, a actividade non para no conxunto teucrista, que este martes (20:45 horas) visitará a cancha do "mejor equipo del mundo en estos momentos", o Barcelona.
Así cualifica Luís Montes ao seu próximo rival, intratable na Liga Asobal, e ante o que "siendo realistas no tenemos opciones de puntuar", asegurou antes de xogar no Palau Blaugrana. A pesar diso os azuis comparecerán coa intención de "lucharlo al máximo y aprovecharlo para trabajar en nuestro juego".
Será un duelo en todo caso no que non se arriscará aos xogadores que arrastran molestias, pensando no derbi ante o Cangas que asoma no horizonte e que adquiriu unha gran importancia na pelexa pola permanencia. Neste aspecto, o xogador que está descartado para a cita é Iván Fernández tras recaer da súa lesión no encontro da pasada fin de semana ante o Valladolid.
Relacionadas:
-
Continuidade para o terceiro proxecto de Carlos García-Alén na presidencia do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Carlos García-Álen, único candidato nas eleccións á presidencia do Teucro
Por Redacción |
-
Desfeita teucrista no derbi ante un gran Cangas (28-34)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Moito en xogo para Teucro e Cangas na "festa do balonmán galego"
Por Diego Espiño |
-
Derrota esperada do Teucro en Barcelona nun partido de puro trámite (41-26)
Por Redacción |
-
Mal día na oficina para o Teucro ante o Atlético Valladolid (25-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro fortalece o vínculo cos seus patrocinadores
Por Diego Espiño |
-
A débeda do Teucro segue reducíndose e Carlos García-Alén anuncia a súa candidatura á reelección
Por Ramiro Espiño |