Arlet Ortiz e Iván García proclámanse campións de Europa de taekwondo
Por Redacción
A competición nos campionatos de Europa de clubs de taekwondo que levan celebrando toda a semana en Marina D'Or, Castelló, chegou este venres á categoría sénior con grandes resultados para o taekwondo pontevedrés.
Os máximos expoñentes foron esta vez os deportistas do Mat's de Marín, que sumaron dúas medallas de ouro por medio de Iván García e Arlet Ortiz.
Iván, que estivo exento na primeira rolda na categoría de -87 quilos, superou despois con rotundidade os seus adversarios. Venceu o español Juan de Quintana por 26-2 nos cuartos de final e ao opoñente francés do cadro nas semifinais (19-1). Xa na pelexa polo campionato, tivo que empregarse a fondo para superar a Víctor García (26-24) para facerse co ouro.
Pola súa banda Arlet Ortiz venceu en cuartos de final a Andrea Zugazaga (21-0) e en semifinais a Andrea Bosch (18-2), chegando a un combate final no que superou á tamén española Rosa Rodríguez (22-1).
Peor sorte correron na categoría absoluta Pablo Fernández (Mat's, 87 quilos) ao caer en segunda rolda do mesmo xeito que Catia García (Mat's, -62 quilos) e Uxía Ogea (Mace Sport, -53), mentres que Sara Cortegoso (Mace Sport, -49) perdeu esta vez no seu primeiro enfrontamento.
MEDALLAS DE SUH SPORT E MACE SPORT EN CATEGORÍA JÚNIOR
O xoves tivo lugar tamén en Marina D'Or a competición júnior, con destacados resultados.
Alejandro Costado (Suh Sport) foi prata en -78 quilos, Aitana López (Suh, 68 quilos) fíxose co bronce e Giovanni Imparato (Mace Sport) conseguiu tamén o bronce en -51 quilos, tras superar dúas roldas e caer en semifinais ante o catalán José María García.
Relacionadas:
-
Os deportistas do Mace Sport e Mat's levan a Galicia ao ouro no Campionato de España de taekwondo
Por Redacción |
-
Sergio Troitiño (Mat's de Marín) saca billete ao Campionato de Europa Cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O Mace-sport proclámase en Noia subcampión galego absoluto
Por Redacción |
-
O Mace Sport, a polo título autonómico en Noia
Por Redacción |
-
Dous novos éxitos para o Mace Sport no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
Eduardo Rejo consegue a medalla de bronce no Europeo cadete de taekwondo
Por Redacción |
-
O pontevedrés Salvador González proclámase campión europeo máster de taekwondo
Por Redacción |
-
Sara Cortegoso presume de bronce no Europeo Sub-21 de taekwondo
Por Redacción |