Directiva continuista para o segundo mandato de Rafael Louzán á fronte da Futgal
Por Redacción
Rafael Louzán Abal tomou posesión de maneira oficial como presidente da Real Federación Galega de Fútbol dando inicio ao seu segundo mandato consecutivo. Remata así o longo proceso electoral e xa está en marcha un novo ciclo de clara liña continuista.
De feito, Louzán aproveitou a toma de posesión para realizar xa a primeira reunión da xunta directiva, na cal hai poucas novidades. A principal é a incorporación de Silvia Cancela Blanco, persoa que ostenta o cargo de concelleira de Deportes en Santa Comba desde hai tres anos e que está moi vinculada ao Xallas.
Silvia ocupa o lugar deixado por Arantxa Ruiz, a quen Louzán agradece o traballo realizado e a súa implicación durante estes catro anos. Como se esperaba, Gustavo Falqué principal opositor a Louzán, tamén causa baixa na xunta.
Os outros cambios máis significativos son a nova condición de vicepresidentes de Fernando Iglesias e Pablo Prieto, así como a entrada oficialmente na xunta do presidente do Comité Técnico de Árbitros, Bernardino González, e a entrada tamén de José Luis Chantrero (responsable de comunicación) como coordinador xeral.
A directiva da Federación galega queda composta, de este xeito por Rafael Louzán Abal (presidente), Fernando Iglesias Figueroa (vicepresidente asuntos económicos), Juan Luis Villamisar Méndez (vicepresidente), Carlos Méndez Moreira (vicepresidente), Javier García Vázquez (vicepresidente), José Manuel Fernández Cid (vicepresidente deportivo), Pablo Prieto Perille (vicepresidente responsable de fútbol sala), Luis Serantes Álvarez (tesoureiro), José Manuel Fernández Rodríguez (vocal e responsable de outras especialidades), Amancio Varela García (vocal comunicación, novas tecnoloxías e fútbol feminino), Manuel Lores Buezas (vocal relacións institucionais), Silvia Cancela Blanco (vocal), Bernardino González Vázquez (presidente Comité de Árbitros), José Luis Chantrero Lago (coordinador xeral) e Diego Batalla Bautista (secretario xeral).
A primeira xunta serviu para extinguir a Comisión Xestora e dar por finalizado un extenso proceso electoral, así como unha primeira toma de contacto do "novo" equipo de traballo, que volverá a reunirse o vindeiro día 26 en Sanxenxo, aproveitando o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub16 e Sub18 masculinas.
RECOÑECEMENTO A MARTA MÍGUEZ
Na reunión da nova directiva da FUTGAL acordouse por unanimidade facer público o recoñecemento a Marta Míguez polo traballo realizado á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte e a colaboración que en todo momento prestou á Federación, atendendo as necesidades do fútbol e do fútbol sala galego.
Relacionadas:
-
Rafael Louzán, reelixido como presidente da Real Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
Rafael Louzán estréase como membro da xunta directiva da Federación Española de Fútbol
Por Redacción |
-
Rafael Louzán asume a presidencia da Unión de Federacións Deportivas Galegas
Por Redacción |
-
25.000 euros de axuda para os equipos de fútbol feminino da comarca
Por Redacción |
-
Louzán inicia o seu segundo mandato á fronte da Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
Louzán, único candidato a presidir a Real Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |
-
Louzán encamiña a súa reelección como presidente da Real Federación Galega de Fútbol
Por Redacción |