Voluntarios portugueses completarán o dispositivo do ITU Multisport Festival de tríatlon
Por Redacción
O importante operativo de voluntariado necesario para que o ITU Multisport Festival de triattlón resulte todo un éxito organizativo segue tomando forma.
Teresa Blanco e Miguel Balea, representantes da Asociación Oficina de Voluntariado de Pontevedra, mantiveron diversas reunións para sumar colaboracións para a gran cita deportiva do ano na cidade, que se celebrará entre o 27 de abril e o 5 de maio.
Unha delas tivo lugar na localidade portuguesa do Porto, onde se atoparon con Alcidio Jesus, técnico superior da Direcâo Rexional do Norte, pertencente ao Instituto Portugués do Desporto e da Juventude (IPDJ).
Neste achegamento acordouse que se inclúa o festival multideporte mundial que se celebrará en Pontevedra como unha nova actividade dentro das actuacións deste organismo para este 2019. Así, con esta medida, preténdese sumar ao redor de 50 voluntarios portugueses.
A intención da organización é desenvolver unha xornada de confraternidade con voluntariado español. A proposta é que todos participen na realización do percorrido dunha parte do Camiño Portugués a Santiago antes do inicio do Multisport.
Ademais avanzouse na intención de que alumnos dos tres campus da Universidade de Vigo (Pontevedra, Vigo e Ourense) poidan colaborar no evento, e tamén se exploraron vías de colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra.
A campaña de captación de voluntariado para esta cita deportiva de ámbito mundial segue aberta a través da web pontevedra2019.org.
Relacionadas:
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Os outros tempos que tamén contan para o ITU Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
O voluntariado do ITU Multisport Festival 'ponse guapo'
Por Diego Espiño |
-
O voluntariado do ITU Multisport Festival fórmase en primeiros auxilios
Por Redacción |
-
O ITU Multisport Festival de tríatlon chega á cifra de 250 voluntarios
Por Redacción |
-
Toda a información do ITU Mulstisport Festival de tríatlon, en 13 infografías
Por Diego Espiño |
-
O Concello de Pontevedra distribuirá de balde o seu calendario a partir do luns
Por Redacción |
-
Sen días libres na Policía Nacional durante os mundiais de tríatlon para "tener la plantilla al 100%"
Por Diego Espiño |
-
CGTD, Pazo da Cultura e Alameda serán os tres núcleos operativos do ITU Multisport Festival
Por Redacción |
-
Perfilados os dispositivos de seguridade e mobilidade para o ITU Multisport Festival
Por Redacción |