Javi López pasa polo quirófano e xa pensa na súa recuperación
Por Diego Espiño
Os días empezan a descontar para Javi López na longa recuperación que debe afrontar tras a grave lesión de xeonllo que sufriu nun adestramento en decembro.
O extremo andaluz do Pontevedra Club de Fútbol pasou este martes polo quirófano no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez, e agora permanecerá de baixa entre seis e oito meses segundo establece o equipo médico que lle interveu, comandado polo galeno do club, o doutor Barragáns, xunto ao doutor Costas.
O informe médico sinala que se lle realizou unha artroscopia "sen complicacións" e que confirmou o diagnóstico inicial de "rotura practicamente completa do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito"
"Tenía ganas de operarme cuanto antes", recoñeceu o futbolista granate antes de ingresar no centro hospitalario, no que deberá permanecer polo menos dous días en observación. Agora, pasado o momento toca "empezar a trabajar para volver bien", recoñeceu con optimismo aínda que "jodido por no poder estar en el campo ayudando a los compañeros".
O seu obxectivo céntrase desde este momento en "llegar a la pretemporada" plenamente recuperado. O que non sabe aínda é se será en Pontevedra ou noutro lugar, aínda que desde o club trasladáronlle unha mensaxe de tranquilidade.
En todo caso Javi López asegura estar "muy contento aquí. Tanto mi novia como yo con el vestuario, el club y la afición estamos a gusto", aínda que a súa continuidade no equipo máis aló do mes de xuño "no depende de mí", sinalou.
Relacionadas:
-
A falta de pólvora impide o triunfo dun Pontevedra superior a Unionistas (0-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Dous dos equipos máis en forma de Segunda B cítanse en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Un xogador de banda, prioridade para o Pontevedra no caso de fichar
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra resiste en inferioridade e asina un empate sen goles ante o Navalcarnero en Copa
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A Copa Federación regresa como escaparate para a segunda unidade
Por Diego Espiño |
-
As sancións entran en escena no Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Tres goles como tres 'Reis' para un Pontevedra que varre ao Real Madrid Castilla (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Javi López, tras a súa grave lesión: "Ahora voy a ser un aficionado más"
Por Diego Espiño |
-
Javi López rompe o cruzado e estará entre seis e oito meses de baixa
Por Redacción |