O debut de Tsai Chun Yu non evita unha nova derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción
A estrea de Tsai Chun Yu co Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión masculina non conseguiu cambiar a dinámica do conxunto pontevedrés, que encaixou unha clara derrota na súa visita ao San Sebastián de los Reyes (4-1).
O xogador de Taipei debutou iso si, sumando o primeiro punto do enfrontamento ao vencer a Carlos Franco por tres mangas a unha.
Con todo esa vitoria non tivo continuidade e os madrileños deron a volta ao marcador ao perder Nacho Fernández o seu partido ante Gustaf Ericson e Martín Bentancor, que tamén se estreaba co Monte Porreiro, ante Padasak Tanviriyavechakul e Carlos Franco. Tampouco puido vencer no seu segundo choque Tsai Chun Yu.
Desta forma o Monte Porreiro mantense nos postos de descenso con 4 puntos, a 1 da zona de permanencia que marca o Cambados, que precisamente será o seu próximo rival en liga en duelo que se presenta como clave para ambos.
VITORIA DO EQUIPO FEMININO
Mellor foron as cousas ao equipo feminino na División de Honra, ao conseguir un contundente triunfo na casa contra o Illas Cíes (5-1).
O bloque formado por María Teresa Nine, Noa Bernárdez e Noelia Santiago competiu a gran altura e colócase con 10 puntos na segunda posición da clasificación.
Relacionadas:
-
O Visit Pontevedra pode regresar ao perigo tras a derrota ante o Vincios (2-4)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O TM Monte Porreiro mantense fóra dos postos de descenso a pesar da súa derrota ante o Vilagarcía
Por Almu Dapena |
-
O Visit Pontevera di adeus aos postos de descenso tras a vitoria ante o Cambados (4-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro refórzase para a segunda volta da liga
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro marcha de vacacións en postos de perigo tras perder en Sevilla (4-0)
Por Sofía Lorenzo |