O Pontevedra Rugby Club e o Mareantes inician o ano con derrota nas ligas galegas
Por Redacción
Non puideron iniciar con bo pé o ano Pontevedra Rugby Club e Mareantes na Primeira e Segunda división galega.
A imaxe do PRC foi iso si positiva no encontro que lle enfrontaba a un dos líderes da LGR1, Os Ingleses de Vilagarcía.
Os pontevedreses perderon por 14 a 41, o que lles mantén a falta dunha xornada para o final da liga regular na penúltima posición cun punto de vantaxe sobre o Fendestas, que perdería a categoría.
En canto á LGR2, tampouco empezou ben o 2019 para o Mareantes, ao perder no campo dun rival directo na táboa como o Muralla de Lugo (38-27).
Aínda que o rendemento ofensivo foi bo, logrando cinco ensaios e o punto de bonus, escapou unha vitoria que lles tería consolidado na segunda posición. O Mareantes desta forma mantense segundo, pero agora cun só punto de vantaxe sobre o seu último rival, o Muralla.