Vitoria do Poio Pescamar nun duelo vital ante o Universidad de Alicante (5-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Empezou, esta fin de semana, a segunda volta de liga en Primeira División Feminina de fútbol sala. Non podía facelo mellor o Poio Pescamar, e en casa. Do mesmo xeito que no pasado mes de setembro, as pontevedresas gañaron ao Universidade de Alacante, nesta ocasión, nun vital duelo directo que ofrecía a posibilidade aos dous equipos de avanzar varias posicións cara ao máis alto da táboa. Con todo, aínda chegando fortes as valencianas á Seca, non conseguiron sumar os necesarios 3 puntos.
A igualdade foi a tónica de todo o partido. Non foi ata o minuto 11 da primeira metade que as locais, despois de varias ocasións nas que puxeron a proba á porteira visitante, adiantáronse no marcador por medio de Iria. Con todo, as valencianas non tardarían en igualar o marcador cun gol de Ana María Piñeiro tras un saque de esquina (13'). E un minuto despois darían a volta ao choque, aproveitando un despexe en curto de Silvia, culminando cun tanto de Elenita.
Pero as de Dani Díaz reaccionaron ante a posible derrota e, por medio dunha xogada estratéxica, Jenny conseguiría equilibrar de novo o envite a falta de tres minutos para o descanso. Finalmente, o encontro chegaría ao ecuador coa vitoria provisional das universitarias grazas, de novo, a Elenita tras un saque de banda de Ángela (2-3).
Na segunda parte, máis do mesmo. Ambos os equipos mergulláronse nun intercambio continuo de ocasións sobre ambas as porterías. A pesar da desvantaxe, as de Dani Díaz sobrepuxéronse e en escasos dous minutos deron volta á situación. Dobre mérito o de Iria, que, primeiro anotou o 3-3 e, a continuación, deu a asistencia a Jenny para lograr o 4-3.
A partir deste momento, as de casa mostráronse máis cómodas. Tanto foi así que Dani Sousa levou a tranquilidade ao cadro pontevedrés con outro gol que case lle aseguraba o triunfo. Como consecuencia, as levantinas víronse obrigadas a optar polo xogo de cinco, e saíulles ben, xa que a falta de tres minutos para o desenlace, Carmen García sumaba o último gol da xornada.
Pese a iso, as galegas metéronse ao final o partido no peto e encaran a segunda fase da temporada de forma moi positiva.
POIO PESCAMAR (5): Silvia; Jenny, Dani Sousa, Ale de Paz, Iria (quinteto inicial), Ceci, Jessi, Cárol e Irene García.
UNIVERSIDAD DE ALICANTE (4): Jenny; Carmen García, Ángela, Ana María Pino, Patri (quinteto inicial, Mónica, Elenita e Raquel.
Goles: 1-0 Iria (11'), 1-1 Ana María Pino (13'), 1-2 Elenita (14'), 2-2 Jenny (17'), 2-3 Elenita (19'), 3-3 Iria (24'), 4-3 Jenny (25'), 5-3 Dani Sousa (37') e 5-4 Carmen García (39').
Árbitros: Ferrero Carbayal e Castro Nantes, que mostraron cartulina amarela a Ale de Paz e Jenny, do Poio Pescamar, e a Ana María, do Universidad de Alicante.
Incidencias: Primeiro partido da segunda volta de Primera División disputado no Pavillón Municipal de Poio ante máis de 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Contundente vitoria do Poio Pescamar ante o Palau, colista da categoría (3-0)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Lidiane Carvalho, lista para debutar co Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
Vitoria do Poio ante o UCAM Murcia con dous goles de Dani Sousa (2-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Poio Pescamar sofre para dobregar a Viaxes Amarelle no derbi aprazado (2-3)
Por Redacción |