O Arosa renuncia ao empate no último minuto ante o Polvorín (3-2)
Por Redacción
O Arosa perdeu, este domingo, ante o filial do Lugo e un dos equipos da parte baixa da táboa, o Polvorín, na Cheda. Así, aínda coa derrota, os visitantes mantéñense na sétima posición. Pola súa banda, os locais conseguiron gañar algo de distancia coa zona de perigo.
Comezaron por diante os lucenses, que marcaron o 1-0 ao pouco do inicio (9'), por medio de Antón Escobar. E non sería ata o final do primeiro tramo (40'), que Sylla empataría o choque, dando aos de Rafa Sáez a posibilidade de facerse cos tres puntos ou, polo menos, a repartición destes.
Despois do descanso, durante os minutos iniciais, os arousáns dominaron o encontro. Pero a balanza inclinaríase, de novo, cara ao lado dos locais, que volverían poñerse por diante no 74' grazas a Rayco Rodríguez. Unha vez máis, Sylla deu un respiro aos pontevedreses e marcou o 2-2 no 85' Pero, finalmente, o Arousa morrería na beira e encaixaría outro gol no último minuto, algo ao que xa non puideron remediar (3-2).
Consulta a acta do Polvorín-Arosa.
Despois da vitoria da pasada xornada ante o Paiosaco, o Céltiga foi derrotado polo Compostela no Salvador Otero, e con goleada incluída. Así, os arousáns aprazan o abandono da zona de descenso ao ancorarse á penúltima posición da táboa.
Desde o inicio do choque, foron os visitantes os que controlaron o balón, que crearon varias ocasións de gol antes de conseguir o 0-1 no 17' da primeira metade por medio de Brais Abelenda. A partir dese momento, os locais tentaron igualar o marcador, pero non o conseguiron e marcharon ao descanso en desvantaxe.
Durante os primeiros minutos do segundo tramo, o Céltiga parecía estar máis metido no partido. Mostra diso foi o gol de Aram no minuto 55, cando, por fin, chegaba o empate. Con todo, os visitantes volverían sobrepoñerse e, dez minutos despois, darlle a volta. Foi Álex Ares quen, despois dunha asistencia de Santi, marcou o 1-2. Pero non se conformaron con iso. O 1-3, que achegaría máis tranquilidade ao Compos, foi obra, de novo, de Brais Abelenda despois dunha falta tirada por Álex Ares, que maracaría o gol definitivo tres minutos despois, desde a prolongación da área (76').
Consulta a acta do Céltiga-Compostela.
O Ribadumia gaña algo de distancia coa parte baixa da táboa ao gañar, esta fin de semana, ao Porriño Industrial CF na Senra. Pola súa banda, os visitantes continúan ancorados ao último posto.
A pesar da vitoria local, a igualdade reinou desde o comezo do choque. Tanto foi así que, xusto antes do descanso, o marcador mostraba o 2-2. Os goles dos do Salnés foron obra de Aarón Paredes, aos 9 minutos do comezo, e de Fran Fandiño, no 26'.
Tras o paso polos vestiarios, a dinámica foi a mesma. Despois do tanto, de novo, de Aarón Paredes (3-2), o Ribadumia conseguiu gañar unha vantaxe de dous goles sobre os visitantes (o primeiro de Fran Fandiño e o segundo de Eloy Fariña), algo que lle deu a tranquilidade da superioridade. Finalmente, o Porriño marcou o definitivo 5-4 por medio de Rubén López (84').
Relacionadas:
-
O Arosa viaxa a Cangas e volve coas mans valeiras tras ser derrotado polo Alondras (1-0)
Por Redacción |
-
Unha derrota dobremente dura para o Arosa ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Quique Cubas regresa ao Arosa catro tempadas despois
Por Redacción |
-
De novo, o Arosa suma un punto tras empatar sen goles ante o Ourense CF
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arosa empata ante o Somozas (2-2) pero mantense preto dos postos altos da táboa
Por Sofía Lorenzo |