25.000 euros de axuda para os equipos de fútbol feminino da comarca
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol puxo en marcha unha liña de axudas dedicada exclusivamente ao fútbol feminino, cunha dotación de 200.000 euros.
No caso dos clubs adscritos á delegación de Pontevedra, recibirán por esta vía 25.348 euros, tras ser baremados en función da categoría na que militan e os quilómetros percorridos nos seus desprazamentos.
Atlético Arousana (7.105 euros) é o equipo que máis recibe ao participar en categoría nacional, seguido de Umia CF (4.757 euros) e Viajes Interrías (4.590 euros). Despois, por esta orde, estarían: Arcadia EF (1.995 euros), SCD Ponte Caldelas (915 euros), SD Noalla (903 euros), CD Bueu (874,50 euros), Juventud Cambados (672 euros), CD Mosteiro (643,50 euros), SD Chispa (586,50 euros), SD Puentearnelas (586,50 euros), CD Bamio (537 euros), Arnelar-Ribadumia (476,50 euros), Armenteira CF (446,50 euros) e CD Arcade (260 euros).
O compromiso adquirido pola Federación Galega é abonar o 50% da axuda antes de 31 de xaneiro e o 50% restante antes de 30 de xuño.
Esta liña de axudas intégrase no proxecto integral de promoción do fútbol feminino en Galicia co obxectivo de aumentar o número de mulleres futbolistas, que actualmente supera a cifra de 5.000.
Relacionadas:
-
RADIO.- As 'vikingas de Barrantes' que nos 70 formaron o primeiro equipo de fútbol feminino
Por Marisa Ciordia |
-
A aposta polo fútbol feminino, imparable tamén entre os clubs de Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Directiva continuista para o segundo mandato de Rafael Louzán á fronte da Futgal
Por Redacción |