Lidiane Carvalho, lista para debutar co Poio Pescamar
Por Diego Espiño
O Poio Pescamar conta ao fin co seu último reforzo, a brasileira Lidiane Carvalho.
A futbolista carioca foi presentada oficialmente este mércores e sumouse xa aos adestramentos do equipo, que prepara o duelo da fin de semana ante o Femisport Palau, pechacancelas da Primeira División.
Carvalho, de 29 anos e que actúa no posto de ala-peche, estará dispoñible para esta cita unha vez solucionada a tramitación necesaria para a súa fichaxe e alta federativa.
"Vin para sumar. Veño co obxectivo de traballar e poder axudar ao equipo", sinalou Lidiane sobre a pista do pavillón municial da Seca, onde xogará ata o final desta campaña e unha máis.
A pesar de ser a súa primeira experiencia lonxe de Brasil, Carvalho mostrouse confiada en que "non vou tardar moito en adaptarme", aspecto importante para un Poio Pescamar que quere pelexar pola terceira praza da clasificación.
Relacionadas:
-
Irene García e Carol Agulla, do Poio Pescamar, medalla de prata con Galicia no Nacional Sub-20
Por Redacción |
-
Vitoria do Poio Pescamar nun duelo vital ante o Universidad de Alicante (5-4)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Silvia Aguete estará na Eurocopa de Portugal
Por Diego Espiño |
-
Vitoria do Poio ante o UCAM Murcia con dous goles de Dani Sousa (2-1)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
A brasileira Lidiane Carvalho, nova futbolista do Poio Pescamar
Por Redacción |