Ribadumia queda finalmente coa Arousa Fútbol-7
Por Redacción
Despois de meses de negociacións e diferentes propostas encima da mesa, a Arousa Fútbol-7 ten xa nova sede.
Por primeira vez e tras 23 anos de vida o torneo internacional de fútbol alevín, polo que pasaron as mellores canteiras a nivel internacional, disputarase fóra de Vilagarcía de Arousa.
Farao finalmente en Ribadumia, tal e como desvelou a organización do evento.
Desta forma a sede para a fase final será o campo municipal da Senra entre o 31 de maio e o día 2 de xuño, unhas instalacións que contan cun terreo de xogo de céspede natural e outro artificial ao seu lado que facilitarán o desenvolvemento do torneo.
Antes, en Semana Santa, celebrarase no mesmo escenario a tradicional fase previa con catro días de competición nos que estarán en xogo catro billetes para o cadro final.
Relacionadas:
-
Un campión mundial arxentino ten no seu palmarés o torneo internacional Arousa Fútbol 7
Por Manu Otero |
-
O Arosa suspende o seu torneo internacional de fútbol base pola pandemia
Por Redacción |
-
A Arousa F-7 prepara a súa mudanza a Sanxenxo entre críticas do Concello de Vilagarcía
Por Redacción |
-
O Villarreal leva a 23 edición do Arousa Fútbol 7
Por Redacción |