Cheo garantido na cidade co Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño
Pontevedra acollerá desde o vindeiro xoves 7 de febreiro, por cuarta vez na súa historia, o Campionato de España Máster de Natación, na súa modalidade de inverno en piscina curta.
Trátase dunha competición que garante o cheo na cidade durante catro xornadas, ata o domingo día 10, ao contar con preto de 1.200 deportistas inscritos de diferentes idades, ata os 93 anos que marca como tope un nadador canario.
É un campionato diferente, aseguran desde a organización, e é que "cada uno va con su nive y su objetivo, unos para correr mucho y otros para medirse y conocer ciudades", asegurou na presentación do evento o presidente da Federación Española de Natación, Fernando Carpena.
De todos eses nadadores, a representación máis nutrida chegará desde a comunidade madrileña (373), seguido de Valencia (120) e Galicia (107).
Segundo Carpena, aludindo a un estudo realizado hai anos, un evento como o Campionato de España de categoría Máster reporta na cidade organizadora "entre 400.000 o 500.000 euros" de retorno.
O presidente da Federación Española avanzou ademais xunto ao alcalde, Miguel anxo Fernández Lores, que "espero que dentro de poco presentemos otra cosa", en alusión a futuras competicións de nivel que poderían recalar na cidade.
Na presentación do campionato estiveron presentes tamén a presidenta do Club Natación Galaico, Amparo Porta, o presidente da Fundación Rías do Sur, Héctor Vilariño, a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincial, Daniel Benavides, e membros da directiva da Federación Galega de Natación.
Relacionadas:
-
Conclúen catro intensas xornadas de natación no Rías do Sur
Por Redacción |
-
Ambiente de gala en Pontemuíños co inicio do Campionato de España Máster de natación
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Pons Vetus quece motores para o Nacional Máster vencendo na Escola Naval
Por Redacción |
-
O Portamiñá lugués, vencedor do Campionato Galego Máster de Natación celebrado en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un mes de protagonismo para a natación de categoría máster
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra acollerá en febreiro o Campionato de España Máster de Natación
Por Diego Espiño |