O Teucro, obrigado a puntuar esta fin de semana fronte ao BM Guadalajara
Por Almu Dapena
Despois do primeiro partido da segunda volta onde caeron ante o Sinfín por 32-27, o Teucro regresa o sábado ao Pavillón Municipal para enfrontarse ao BM Guadalajara ás 19:15 horas, no que supón o seu primeiro partido na casa na segunda volta da Liga Asobal.
Luís Montes destacou na rolda de prensa ofrecida este venres, que "el objetivo es puntuar, sacar algo en casa, confirmar la mejoría defensiva y quedarnos con los puntos en Pontevedra". A pesar da posibilidade de que Samu Gómez e Andrés Moyano xoguen mañá, o conxunto azul contará con dúas posibles baixas importantes. Jose Rial e Iván Fernández son dúbida para a convocatoria por unha subluxación na clavícula e unha escordadura de nocello, respectivamente.
Sobre o Guadalajara, o adestrador local destacou a importancia de José Hombrados na portería, Chema Márquez, máximo goleador a tempada pasada e a conexión de Victor Vigo e Javi García que no partido da ida fixeron moito dano nos dous contra dous. Trátase de "un equipo con claros jugadores que marcan la diferencia" e contra o que se vai a manter un ritmo alto, sinal de identidade do Teucro e importante para ter opcións de vitoria.
Pola súa banda, tras a súa experiencia no Mundial e o bo partido realizado ante o Sinfín, Fischer resaltou o ánimo positivo que ten o plantel nestes momentos e a importancia das incorporacións de Poveda e Bela ao conxunto e afirmou que "si nos hacemos fuertes en defensa nos va a ir bien en el partido de mañana".
O encontro corresponde á 17º xornada da liga ASOBAL e estará arbitrado por Antonio Merino Mori e Francisco Javier Moyano Prieto.
Relacionadas:
-
Lloria obra a milagre e certifica un triunfo máis que merecido do Teucro ante o Guadalajara (30-29)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Non pode o Teucro coa seguridade do Sinfín na súa pista (32-27)
Por Redacción |
-
Protagonismo para as novas fichaxes na volta do Teucro á competición
Por Almu Dapena |