Lloria obra a milagre e certifica un triunfo máis que merecido do Teucro ante o Guadalajara (30-29)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
O Teucro, na súa loita pola permanencia, conseguiu, por fin, volver puntuar. Recibiu este sábado ao Guadalajara, que non foi quen de superar aos locais no Municipal de Pontevedra. Tirando de orgullo, os de Luís Montes lograron finalizar o partido cunha vantaxe dun gol que lles dá a oportunidade de abandonar, polo menos polo momento, os postos de descenso ao adiantar ao Cangas na táboa (pendente do partido dos do Morrazo ante o Alcobendas).
Durante a primeira parte, ambos os equipos, ofensivamente falando, demostraron máxima efectividade. Proba diso foron os 13 goles que se apreciaban no marcador en apenas 10 minutos de xogo. Este feito indicaba, tamén, un déficit enorme en defensa, onde lanzamentos exteriores (sen apenas oposición) facían imposible intervencións de gardametas máis que contratados como o son Lloria (Teucro) ou a lenda en activo J. Hombrados.
Máxima igualdade ao chegar ao descanso (16-14). Por parte do equipo local, unha vez máis, foi Cutura (6 goles) o encargado de tirar do carro. Con todo, sumouse á festa o novísimo xogador madrileño Sergio Pérez (8 goles). As súas asistencias ao pivote 'azul' Samu Gómez e, sobre todo, os seus cambios de ritmo, lograban deixar atrás á defensa contraria en múltiples ocasións. Por parte do cadro visitante, a partir de accións 1x1 de Márquez (capaces de xerar superioridade continuamente), Javi García lograba xerar moito dano desde a zona de 6 metros, ampliando, desta forma, o seu rexistro anotador e afianzándoo como máximo anotador do conxunto manchego no que vai de ano.
Nos cinco primeiros minutos da segunda parte o equipo de Luís Montes ampliou a súa vantaxe e puido manter unha pequena marxe de 2-3 goles durante os cinco seguintes. Ao Teucro saíalle todo. Lanzamentos imparables do arxentino Fisher (4 goles) e desdobramentos do seu extremo dereito Cangiani, obrigaron aos alcarreños a modificar a súa estrutura defensiva ( pasandose a 5-1) co fin de aumentar a presión e buscar erros no equipo pontevedrés. E aínda que case lograsen o seu obxectivo (poñéndose a 1 gol a falta de 50 segundos para o final) dúas intervencións milagrosas de Lloria, ambas, curiosamente, ao galego e exteucrista Víctor Vigo, fixeron que os dous puntos quedasen na casa.
Agora, nunha situación máis esperanzadora, deben centrarse no partido da próxima semana ante o BM Logroño La Rioja, equipo moi forte e posicionado, un ano mais, na parte alta da táboa.
TEUCRO (30): Lloria; Vicente Poveda, Iván Fernández, Fischer (4), Ismael Bela (1), Samu Pereiro (3), Sergio Pérez (8) (sete inicial), Moyano, Rial (1), Javi Santana, Samu Gómez (3), Cutura (6), Carlos Gehrhardt (1), Piovarczk, Cangiani (3) e Luis Mosquera.
GUADALAJARA (29): Javier Hombrados; Antonio Serradilla, Márquez (6), Alberto Sanz, Víctor Vigo (2), Nacho Moya (5), Fuentes (1) (sete inicial), Javier Parra (3), Sergio Mellado, Adrián Esceolaza, Pawel Niewrzawa, Jaime Gallardo (2), Javi García (5) e Pablo Paredes (4).
Resultado (cada 5 minutos): 4-4, 5-7, 8-8, 11-10, 14-13, 16-14 (descanso), 18-16, 22.18, 25-19, 27-23, 30-26, 30-29 (final).
Árbitros: Antonio Merino y Francisco Javier Moyano, que excluíron a Márquez, do Guadalajara.
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ante 1.100 espectadores.
Relacionadas:
-
O Teucro afúndese ante un Anaitasuna superior en todo (28-32)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
"Tres non son multitude" para o Teucro
Por Redacción |
-
Ao Teucro fállanlle as forzas no tramo final e cae en Logroño (31-27)
Por Redacción |
-
Viaxe no día e a unha das canchas "más difíciles de Asobal" para o Teucro, a do BM Logroño
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, obrigado a puntuar esta fin de semana fronte ao BM Guadalajara
Por Almu Dapena |
-
Non pode o Teucro coa seguridade do Sinfín na súa pista (32-27)
Por Redacción |
-
Protagonismo para as novas fichaxes na volta do Teucro á competición
Por Almu Dapena |