Marta Domínguez, do Squash Pontevedra, proclámase subcampioa de España absoluta
Por Redacción
Segue queimando etapas a pasos axigantados Marta Domínguez no seu camiño cara á elite do squash nacional.
A xoven xogadora Squash Pontevedra vén de proclamarse, con só 17 anos, subcampioa de España absoluta na competición que se celebrou durante a fin de semana en Cuenca.
Domínguez realizou un torneo notable e só cedeu na final ante a murciana Cristina Gómez, que defendía título e sumou a súa terceira coroa nacional consecutiva.
O duelo polo campionato decidiuse en tres parciais e de maneira clara en favor de Gómez, por 11-5, 11-5 e 11-8. Antes, para chegar á final, Marta Domínguez superara na semifinal a Sofía Mateos nun igualado partido (11-7, 12-10, 9-11 e 11-6).
Tamén competiu no Campionato de España Absoluto a súa irmá e compañeira de club María Domínguez, que cedeu no seu primeiro enfrontamento ante Noa Romero, quedando relegada á loita polo noveno posto.
Relacionadas:
-
Recoñecemento ao traballo do Squash Pontevedra tras o título nacional absoluto de Marta Domínguez
Por Redacción |
-
O Squash Pontevedra presume con Marta Domínguez de campioa de España absoluta
Por Redacción |
-
Recepción municipal a Marta Domínguez, xogadora do Squash Pontevedra
Por Redacción |
-
O Squash Pontevedra, protagonista na Copa de España Sub-19
Por Redacción |
-
Galicia gaña o Campionato de España de squash de comunidades disputado en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |