Adeus á Copa Federación do Pontevedra tras perder en Cornellà (2-1)
Por Redacción
A defensa do título de Copa Federación chegou ao seu fin para o Pontevedra nos cuartos de final da competición, tras non lograr remontar en Cornellà o resultado adverso co que chegaba do encontro de ida.
Luismi sinalou antes de viaxar a Cataluña que quería o pase, e para buscalo formou un once competitivo aproveitando os sancionados en liga, e sen presenza do xogadores do filial que se atopaban na convocatoria. Así, ademais de Campillo e Adrián León nunha zaga con tres centrais, a metade ofensiva do equipo contaba con Berrocal na medular, Pedro Vázquez no enganche e Álex González e Javi Pazos máis avanzados.
Os granates, esta vez vestidos de branco, comezaron o duelo concentrados sabedores de que un erro nun campo como o de Cornellà, de herba artificial e reducidas dimensións, podíase pagar caro. Á súa vez buscaban coa súa presión chegar á área local para equilibrar a eliminatoria canto antes. A pesar diso as ocasións resistíanse nos primeiros minutos.
Non foi ata ata preto do minuto 20 de xogo cando chegou a primeira acción de perigo, e terminou en gol para os locais. Foi nun saque de esquina, era o segundo consecutivo, no que a zaga non logrou despexar terminando Campillo por introducir o balón na súa propia portería.
Non cambiaba demasiado o panorama. O Pontevedra, xa sen opción de prórroga, debía marcar dous goles para poder pasar, aínda que acusou o golpe durante uns minutos, nos que o dominio foi catalán. Pasada a media hora foi cando os de Luismi empezaron a pisar área contraria, e asustaron por primeira vez o Cornellà cunha xogada de estratexia que terminou cun disparo de Juan que non atopou porta. Esa acción serviu para dar ánimo ao equipo e pouco despois Álex González volveu probar fortuna desde a frontal atopándose coa parada de Sergio.
Foi precisamente o extremo cántabro o que, xusto antes do descanso, igualou o partido tras unha rápida acción e servizo de Pedro Vázquez superando ao gardameta para permitir a Álex empuxala a porta baleira e alimentar as esperanzas de remontada con 45 minutos por xogar.
Saíu a por a eliminatoria o cadro granate á volta de vestiarios, ameazando con completar a remontada. Chegaba con maior frecuencia á área visitante, pero non lograba concretar nos metros finais e os minutos ían pasando.
Tras o empuxe inicial a intensidade baixou, e o que puido chegar foi a sentenza, sen que acertase o Cornellà nunha xogada de Abde e noutra acción de Gilbert. O cansazo empezaba a pasar factura, aínda que co resultado da eliminatoria no aire todo podía pasar.
Por desgraza para o Pontevedra o que pasou foi o segundo gol dos locais, nun balón para Héctor Camps que aproveitou a indecisión defensiva para bater a Ualoloca e terminar coas esperanzas galegas de remontada e de seguir adiante na competición copeira na que defendía título.
UE CORNELLÀ (2): Sergio, Román, Ricard, Goldar (Héctor Camps, min.62), Carlos, Oriol, Gilbert, Jaume, Esteve (Gaspar, min.55), Leo, Abde.
PONTEVEDRA CF (1): Ualoloca, Juan, Nacho Lorenzo (Pibe, min.73), Campillo, Adrián León, Jesús, Nacho López, Berrocal, Javi Pazos (Rivera, min.75), Pedro Vázquez (Iñaki, min.80), Álex González.
Árbitro: Víctor Manuel Sánchez Rico, auxiliado nas bandas por Rubén Caballero Catalán e David Barón Ajenjo. Amoeestó a Álex González e Juan no Pontevedra.
Goles: 1-0 Campillo en propia meta (min.19), 1-1 Álex González (min.44), 2-1 Héctor Camps (min.73).
Inidencias: Partido de volta de 1/4 de final da Copa Federación disputado no Nou Municipal de Cornellà.
Relacionadas:
-
O Fuenlabrada, un muro defensivo que só conseguiu derrubar o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra-Fuenlabrada, un ano despois
Por Diego Espiño |
-
Nin o Celta B nin a exhibición tarxeteira do árbitro poden cun sólido Pontevedra (0-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Recuperar fóra o perdido na casa, obxectivo do Pontevedra en Barreiro
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra non renuncia á remontada en Copa ante o Cornellà
Por Diego Espiño |
-
Un Pontevedra en inferioridade queda sen premio no último minuto (2-2)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O infortunio persegue a Álex Fernández, que estará preto dun mes de baixa
Por Diego Espiño |
-
Ao Pontevedra sáelle cara a Copa RFEF: dobre lesión e derrota ante o Cornellà (0-1)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |