A canteira do Cisne, con protagonismo nas xornadas de tecnificación do CAR de Sierra Nevada
Por Redacción
A área Técnica da Real Federación Española de Balonmán non lle quita ollo á canteira do Cisne.
Así o demostra unha vez máis coas xornadas de tecnificación para a xeración de 2003 e 2004 que se celebran desde o xoves e ata o próximo día 20 no Centro de Alto Rendemento (CAR) de Sierra Nevada.
A esas xornadas acudiron dous representantes do club pontevedrés entre a lista de 70 novos talentos de todo o país.
Trátase do extremo dereito Carlos Álvarez e do pivote Román Arboleya. Toda unha experiencia que lles servirá para seguir progresando no seu xogo.
Dáse a circunstancia que Carlos Álvarez xa acudiu en setembro do pasado ano a unha concentración similar, o que lle valeu despois unha convocatoria oficial coa Selección Española Promesas para xogar o Torneo Internacional Cidade de Avilés.
MARCOS OTERO, NOVO MEMBRO DO CORPO TÉCNICO
Noutra orde de cousas o Cisne presentou este xoves a un novo membro do seu cuerpor técnico, Marcos Otero 'Quiños', que será a partir de agora o segundo adestrador do primeiro plantel en substitución de Anxo Corbillón, que por motivos laborais non puido continuar no equipo.
Relacionadas:
-
Cisne e Teucro, representados na convocatoria da Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
Pobre empate do Cisne ante Agustinos (23-23) nun partido con dúas caras e un final de erros
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O cisneísta Carlos Álvarez, convocado pola Selección Española Promesas
Por Redacción |
-
Álvaro Preciado, convocado por España para o Europeo Junior de balonmán
Por Redacción |