Javier Mínguez apadriña a nova tempada do Supermercados Froiz
Por Almu Dapena & Victoria Regueira
A presentación do Grupo Deportivo Supermercados Froiz estivo presidida este venres por Javier Mínguez, ex–seleccionador nacional e padriño de honra do equipo para esta nova tempada.
Mínguez destacou "la buena labor del Grupo Froiz durante estos 31 años", tempo no que "han apostado siempre por la gente joven que si quiere llegar a ser profesional en el futuro, debe pasar antes por aquí".
Ao evento tamén acudiron o patrón do equipo, Magín Froiz; Evaristo Portela, director do Supermercados Froiz; e personalidades do mundo do ciclismo como Óscar Pereiro, Álvaro Pino e Marcos Serrano; ademais de Carmela Silva, presidenta da Deputación; Chelo Besada, deputada provincial de deportes; Marga Caldas, concelleira de deportes de Poio e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. Tamén gozaron do acto nenos e nenas dos colexios San José e Álvarez Limeses de Pontevedra e o CEIP Carballal de Marín.
ALMAGRO, PRIMEIRA PARADA COMPETICIÓN DA TEMPADA
Esta fin de semana comeza a nova tempada cun test de nivel para o pelotón do Froiz, pensando na estrea da Copa de España. Será no XX Memorial Manuel Sanroma que se disputa os días 16 e 17 de febreiro en Almagro, Ciudad Real.
Nesta proba inaugural o equipo competirá con Jesús Arozamena, Óscar Linares, Martín Lestido, Iván Martínez, Victor Romero, Alejandro Igresias e Aaron Mariño.
Relacionadas:
-
Diego González salva a honra do Froiz cun décimo posto na Aiztondo Klasika
Por Redacción |
-
O Trofeo Guerrita, segundo asalto para o Froiz na Copa de España
Por Redacción |
-
Jesús Arozamena e Diego Noriega defenden as cores do Súper Froiz en Badajoz
Por Redacción |
-
Confianza no Froiz ante a inminente estrea da Copa de España
Por Redacción |