O Marcón faise co derbi ao derrotar ao Beluso nas Laxes (0-1)
Por Redacción
O Marcón Atlético logrou, esta fin de semana nas Laxes, derrotar a un dos pesos pesados da categoría: o CD Beluso, nun partido que, a priori, presentábase complicado para os pontevedreses. Estes necesitaban os tres puntos para continuar mantendo as distancias dos postos de descenso.
Comezou forte o cadro visitante, que a escasos tres minutos do inicio do encontro, marcou o 0-1 por medio de Xosé. A partir dese momento, coa vantaxe dos de Borja Burgos, fíxoselles moi complicado aos anfitrións chegar a empatar o partido.
Despois do descanso, o xogo estivo moito máis equilibrado e, aínda que o marcador continuaba sendo positivo para os do Marcón, os locais tiveron varias oportunidades de darlle a volta ao choque. Pero non foi así. Ao final do mesmo, Rial foi expulsado do terrerno de xogo (90'), despois do adestrador do cadro pontevedres, Burgos (83').
Consulta a acta do CD Beluso-Marcón Atlético.
O SD Amanecer, tras a derrota da pasada xornada ante o CD Beluso, gañou esta fin de semana ao Mondariz CF na Lagoa. Os locais, pola súa banda, poñen, con este partido, fin a unha boa serie de catro vitorias consecutivas. Así, os de Ricardo Dios conseguen sumar tres importantes puntos que lles permiten afastarse algo máis da zona de perigo.
Pese ao resultado, o choque estivo bastante igualado. Non foi ata o minuto 40 da primeira metade que Augusto anotou o único gol do partido, que lle deu o triunfo aos visitantes (0-1). Na segunda parte, os anfitrións non lograron sobrepoñerse ao Amanecer e chegar, polo menos, á repartición de puntos.
Consulta a acta do Mondariz CF-Amanecer.
O Juventud Cambados logrou, este domingo en San Campio, derrotar ao líder da categoría, o CD Pontellas, que, pola súa banda, sumaba, ata a data, once xornadas consecutivas puntuando (todo vitorias, excepto un empate). Desta forma, o cadro visitante afianza a súa situación nos postos de promoción (cuarto).
Comezou o choque bastante equilibrado. O primeiro gol non foi anotado ata pasada a primeira media hora de xogo. Nesta ocasión, foi Michael quen sumou o 1-0 (34'). E así, iríanse ao descanso, con vantaxe dos anfitrións.
Tras o paso polos vestiarios, foi Ramón quen en dúas ocasións (47' e 53') acertou na portería de Toni, poñendo ao seu equipo por diante e logrando os tres puntos da xornada (1-2).
Consulta a acta do CD Pontellas-Juventud Cambados.
O Villalonga sumou, esta fin de semana en San Pedro, o seu cuarto triunfo consecutivo, nesta ocasión, ante o Cultural Areas. Este, pola súa banda, continúa, tras a derrota, na oitava posición da táboa con 40 puntos, once máis que os locais.
Comezou controlando o partido o cadro visitante, que, no minuto 15, púxose por diante no marcador cun gol de Isi. Algo ao que os anfitrións non lograron poñer remedio na primeira metade do choque. Con todo, tras o descanso, a dinámica cambiou e a balanza inclinouse cara ao bando dos pontevedreses. Adrián Santos, no 70', marcou o tanto do empate (1-1) e, posteriormente, a falta dun minuto para a conclusión, Javi Vila fixo que a vitoria quedase na casa.
Consulta a acta do Villalonga CF-Cultural Areas.
Despois de sete partidos consecutivos puntuando (cinco vitorias e dous empates), o Xuventú Sanxenxo foi derrotado, esta fin de semana na casa, polo UD Atios, que, pola súa banda, non atravesaba a súa mellor serie da tempada (tres xornadas ininterrompidas sen puntuar).
Tras unha primeira parte sen goles, na que ningún dos dous equipos quixo arriscar de cara a portería, Jony anotou o único gol do partido que lle daba o triunfo aos visitantes (0-1, no 60').
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-UD Atios.
Finalmente, o USD do Grove non consegue abandonar, dunha vez por todas, os postos de descenso. Esta fin de semana foi derrotado polo CD Velle en Monte da Vila. Pola súa banda, os ourensáns, aínda gozando dunha posición máis esperanzadora, tamén continúan preto do perigo.
Tras unha primeira parte sen goles, os visitantes non tardarían en tomar o control de xogo tras o descanso. Tanto foi así que, no 3' da segunda metade, puxéronse por diante cun gol de Camba (0-1). No ecuador da mesma, Senén marcaría o definitivo 0-2, algo que os anfitrións xa non conseguiron remediar e que lles daría a vitoria aos do Velle.
Relacionadas:
-
O Marcón consegue un punto ante un dos equipos máis complicados, o Estradense (1-1)
Por Redacción |
-
Derrota do Marcón ante o líder, o Pontellas, por un gol en propia de Antonio Suárez (1-0)
Por Redacción |
-
Un intenso e inesperado final de partido da a vitoria ao Marcón sobre o Mondariz (2-1)
Por Redacción |
-
Non pode o Marcón contra un Barbadás que pelexa polo máis alto da táboa (3-1)
Por Redacción |
-
O Marcón 'cambia o chip' e vence ao Amanecer no Carrasco (2-0)
Por Redacción & Diego Torrado |