Silvia Aguete: "Se ganarán más Eurocopas pero la primera siempre será la nuestra"
Por Almu Dapena
A gardameta pontevedresa do Poio Pescamar, Silvia Aguete, non para de recibir recoñecementos. O último foi o realizado polo Concello de Pontevedra na recepción ofrecida este mércores tras gañar o domingo, na localidade lusa de Gondomar, a primeira Eurocopa de fútbol sala feminino da historia. No acto tamén se rendeu homenaxe ao tamén pontevedrés Adrián Paz, preparador físico da Selección.
Silvia quixo destacar a importancia que ten este deporte en España e espera "que con este Europeo, el fútbol femenino sea más visible y se nos de un poco más de cancha y repercusión". Con respecto á posibilidade de xogar un Mundial oficial, engadiu que "está en el aire. Ojalá la FIFA se haya fijado en la final del domingo porque fue un partido impresionante con un lleno absoluto". A pesar de non saber se vai haber campionato do mundo, competición que nunca se disputou, "España está preparada para ello, si ganamos una Eurocopa en Portugal con todo en contra, un Mundial se nos dará bien" concluíu a porteira.
Pola súa banda, Adrián Paz, recalcou as palabras de Silvia e destacou a importancia que ten o traballo que están a facer nas categorías base os clubs de Galicia. Tamén quixo "facer un chamamento a patrocinadores e institucións a que apoien ou deporte" qe que isto sirva como "punto de inflexión para axudar a estas rapazas que están facendo un traballo extraordinario no día a día. Ten que servir para axudalas para que sexan profesionais e que non teñan que traballar pola mañá, estudar pola tarde e a última hora ir a entrenar".
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quixo mostrar o seu apoio á xogadora e ao preparador físico en nome de toda a cidade "estamos moi orgullosos, isto vai significar un impulso importante para o deporte femenino e para o fútbol sala femenino e é necesario ter referentes para que a xente practique deporte".
Relacionadas:
-
Silvia Aguete, protagonista nos penaltis para dar a España a súa segunda Eurocopa
Por Almu Dapena |
-
Adrián Paz, un campión de Europa de fútbol sala tras o mostrador dunha tenda de deportes
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Marín acollerá en decembro un partido da Selección Española Feminina de fútbol sala
Por Redacción |
-
Jenny Lores e Silvia Aguete, convocadas coa Selección Española
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar mantén o asexo á terceira praza
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Poio Pescamar sobre Viaxes Amarelle (3-0) que o leva ao cuarto posto
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Volta á competición ligueira para un Poio Pescamar que busca a terceira praza
Por Redacción |
-
Silvia Aguete, tras gañar a Eurocopa de fútbol sala: "Con el paso de las horas seré más consciente de lo que hemos hecho"
Por Redacción |
-
Sergio Vallejo, Silvia Aguete e o Poio Bike Club, distinguidos nos Premios Poio Móvese
Por Redacción |
-
Silvia Aguete estará na Eurocopa de Portugal
Por Diego Espiño |