Luis Montes pide apoio ante un duelo "clave" porque "cuando el Municipal aprieta los jugadores lo notan"
Por Diego Espiño
O Pavillón Municipal dos Deportes acollerá este sábado (20:30 horas) unha partido "clave" nas aspiracións da Sociedad Deportiva Teucro, que recibirá o Anaitasuna navarro despois dunha semana marcada polos problemas extradeportivos debido á ameaza de sanción por falta de pagamentos nas arbitraxes.
Desa importancia cualifícao Luis Montes, xa que tras este partido chegará a fase máis dura do calendario con duelos consecutivos ante Ademar, Granollers e Bidasoa.
"Son dos puntos muy importantes para nosotros y se tienen que quedar en Pontevedra", reitera o técnico pontevedrés, e para iso toda axuda será pouca. Por ese motivo o preparador teucrista fixo un chamamento á afección porque "cuando el Municipal aprieta los jugadores lo notan".
As lesións seguen castigando duramente o Teucro, que ás baixas ata final de tempada de Juan Quintas e Cangiani suma esta semana a "muy seria duda" de Rial, tal e como recoñece Montes a pesar de que non o quere dar por descartado por completo. Ademais Moyano, aínda que con mellores sensacións, segue entre algodóns.
Ao Municipal chegará este sábado o duodécimo clasificado da Liga Asobal, un Anatasuna que acumula 14 puntos (polos 9 dos pontevedreses) pero que "es un equipo más peligroso que en la primera vuelta", avisa o adestrador local sinalando á recuperación de Mikel Aguirrezabalaga e ao nivel nas últimas semanas do vigués Borja Méndez na dirección de xogo.
Os colexiados do encontro serán os valisoletanos Luís Ignacio Colmenero Guillén e Víctor Rollán Martín.
Relacionadas:
-
Juan Quintas, operado con éxito da súa lesión no ombreiro
Por Diego Espiño |
-
O Teucro salva 'in extremis' unha sanción por falta de pagamento de arbitraxes
Por Diego Espiño |
-
"Tres non son multitude" para o Teucro
Por Redacción |
-
Ao Teucro fállanlle as forzas no tramo final e cae en Logroño (31-27)
Por Redacción |