Unha carreira e unha andaina popular para recadar fondos pola diabetes en Bueu
Por Redacción
O Concello de Bueu e a Asociación Banda do Río organizan o 23 de marzo unha carreira e andaina para recadar fondos a favor da Fundación Diabetes Cero.
A marcha popular constará dun quilómetro e nela pode participar todo a cidadanía, con inscrición o mesmo día da proba a cambio dun donativo para a Fundación Diabetes Cero. Tal e como consta no regulamento, ao final da mesma, un representante da fundación impartirá unha charla sobre a enfermidade e a labor da asociación na axuda á investigación da mesma.
Pola súa banda a carreira contará con 5 quilómetros de percorrido que se disputará ás 18:30 horas (17:30 horas para as categorías inferiores) con saída na Avenida Montero Ríos, á altura do Museo Massó. Pola súa banda a andaina partirá ás 19:15 horas.
Dado que o carácter da proba é eminentemente solidario, existe a posibilidade de colaboración cun dorsal simbólico '0'.
As inscricións para a carreira poden formalizarse ata o día 21 de marzo a través da web www.galitiming.com.
Na presentación do evento estiveron presentes o alcalde e o concelleiro de deportes, membros da Fundación Diabetes Cero, o presidente da Asociación de Veciños Banda do Río e o presidente do Club Atletismo Corredoiras.