O Pavillón Municipal pasa a última inspección da IHF previa ao Mundial Júnior de balonmán
Por Diego Espiño
Cada vez queda menos para que Pontevedra, xunto a Vigo, acolla o próximo verán o Campionato do Mundo Júnior de balonmán.
Mentres a Federación Internacional (IHF) segue sen desvelar cal das dúas sedes, o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra ou o das Travesas en Vigo, acollerá a gran final da competición, a organización segue avanzando ultimando algúns detalles do evento.
Por ese motivo dous inspectores da IHF, Per Bertelsen e Marco Tosi Brandi, estiveron este martes en Pontevedra supervisando as instalacións que acollerán o Mundial, tanto para os partidos como as pistas que se usarán para adestramentos.
Así, ademais do propio Pavillón Municipal dos Deportes, a delegación internacional tiña previsto na súa última visita previa ao campionato pasar revista ao pavillón de Príncipe Felipe e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Durante a súa estancia en Galicia os representantes da Federación Internacional tamén pasaron por Vigo e visitaron instalacións hostaleiras. Ademais realizáronse reunións con dirixentes das federacións galega e española e con técnicos municipais das dúas cidades.
O Mundial Júnior de Balonmán reunirá en Pontevedra e Vigo a 24 seleccións nacionais para un torneo que se celebrará de 16 ao 24 do próximo mes de xullo.
Relacionadas:
-
A inauguración e o debut de España no Mundial Júnior de balonmán serán en Pontevedra
Por Redacción |
-
España dá a coñecer a pre-lista de xogadores para o Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
O Mundial Júnior de Balonmán de Vigo e Pontevedra desvela o seu cadro de competición
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O sorteo do Mundial junior de balonmán, o 21 de maio na Deputación de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Cisne e Teucro, representados na convocatoria da Selección Española Xuvenil
Por Redacción |
-
O camiño cara ao Mundial Júnior de balonmán de Pontevedra comeza en Guadalaxara
Por Redacción |
-
O Mundial Junior 2019 de balonmán avanza na súa organización sen revelar a sede da final
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |