Luismi rebaixa a euforia: "Estamos en el camino pero no hemos hecho nada"
Por Diego Espiño
Os dous últimos triunfos consecutivos do Pontevedra, o último de maneira contundente ao equipo que chegaba como líder da categoría, o Fuenlabrada, elevaron o optimismo na parroquia granate, un aspecto que obrigou ao adestrador do equipo, Luismi, a saír ao paso para tentar rebaixar un punto o estado de euforia que se vive ao redor do club.
"Está bien que se genere ilusión, pero ilusión en la ciudad, en la afición, nosotros desde dentro tenemos que ir con cautela", asegurou o técnico tras o adestramento deste mércores.
Luismi: "Está bien que se genere ilusión, pero ilusión en la ciudad, en la afición"
"Sabemos que queda mucho por delante", reitera coa intención de non desviarse do traballo diario que lles colocou a un só punto do play-off de ascenso.
De feito agradecendo o apoio crecente da afección, da que espera se desprace o domingo a Ponferrada para vivir un novo duelo ante un rival directo, Luismi asegura que "el vestuario el mensaje lo tiene claro, estamos en el camino pero no hemos hecho nada".
En relación a este encontro, que se disputará o domingo 3 de marzo no Toralín, o preparador pontevedrés asegura que o seu equipo non vai ir a especular co resultado porque "queremos que se vea desde el minuto 1 que vamos a por la victoria", sinalou.
Para esa cita Luismi perderá por sanción a David Castro, pero recupera a Romay. En canto aos futbolistas que o luns iniciaron a semana a menor ritmo por molestias, Nacho López e Churre, puideron exercitarse este mércores ao mesmo ritmo que os seus compañeiros e salvo contratempo non perderán o encontro.
Relacionadas:
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |
-
Ponferradina e Pontevedra mídense nun duelo con aroma a play-off
Por Diego Espiño |
-
En Ponferrada elevan a categoría de 'final' o duelo ante o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A afección pontevedresa prepara o seu desembarco en Ponferrada
Por Diego Espiño |
-
Rivera, tras o espectacular 12-2 do Pontevedra B: "Desde que tengo 10 años no meto 6 goles"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra reforza a súa candidatura ao play-off goleando o líder Fuenlabrada (3-0)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |