O Club de Loita Pontevedra pon as súas miras no Nacional Absoluto
Por Redacción
Santiago de Compostela, concretamente o pavillón de Santa Isabel, será escenario este sábado día 2 de marzo da gran competición da loita olímpica nacional, o Campionato de España Absoluto.
Na cita estará representado o Club de Loita Pontevedra con dous dos seus deportistas máis destacados, Lydia Pérez e Pablo García, e que parten con opcións nos seus respectivos pesos defendendo as cores da Selección Galega.
Lydia vén de participar no Torneo Internacional de Dormagen, en Alemaña, onde venceu no primeiro cruzamento á austríaca Kathrin Mathis para ceder despois na pelexa polas medallas ante a italiana Aurora Campagna. Agora, na cita santiaguesa, aspira a todo na categoría de 62 quilos.
Pola súa banda Pablo García competirá na categoría de 74 quilos da loita libre masculina co obxectivo de chegar ás roldas finais e loitar polas medallas.
O Campionato de España Absoluto de Loitas Olímpicas congregará en Santiago de Compostela máis de medio milleiro de persoas entre deportistas, adestradores, árbitros e staff técnico, cunha competición que comezará ás 10:00 horas, coas finais programadas a partir das 18:30 da tarde.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez, ouro nacional e rumbo ao Europeo Sub-23
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- A playlist de... Lydia Pérez, unha deportista rápida, intelixente e resistente
Por Marisa Ciordia |
-
Lydia Pérez, seleccionada para participar en Rusia nun 'Training Camp' internacional
Por Redacción |
-
O futuro da loita olímpica nacional pasa polo CGTD
Por Redacción |
-
Lydia Pérez despídese do Mundial Sub-23 de loita na fase de clasificación
Por Redacción |