O Visit Pontevedra pode regresar ao perigo tras a derrota ante o Vincios (2-4)
Por Redacción & Diego Torrado
O Tenis de Mesa Monte Porreiro encaixou esta fin de semana unha nova derrota, nesta ocasión, ante o AD Vincios, equipo que continúa na parte media da clasificación. Os pontevedreses que nestes momentos sitúanse fóra dos postos de descenso, con todo, co último resultado negativo e a posibilidade de que o Cambados sume dous puntos correspondentes ao choque ante o Borges Grup Vall (que non se presentou no partido), poden volver ao perigo.
Comezou gañando o cadro local tras o duelo entre Nicolás Galvano e Martín Pintos, que o primeiro levou con comodidade. Co 1-0 no marcador, as cousas comezaron a irlle mal ao Visit Pontevedra, que perdeu o seguintes tres enfrontamentos. Bentancor logrou ante, de novo, Pintos recortar distancias, pero sen chegar ao empate e, finalmente, tras un último punto do cadro visitante, estes metéronse o partido e os dous puntos no peto.
Consulta a acta do Visit Pontevedra-AD Vincios.
Pola súa banda, o grupo feminino do club pontevedrés sumou, este sábado, outra vitoria. Nesta ocasión, recibiron ao Leganés, equipo que se atopa ás portas dos postos máis altos da clasificación. As de casa, cos dous puntos desta xornada, mantéñense na parte media da táboa pero con posibilidades de continuar avanzando posicións.
Relacionadas:
-
O Visit Pontevedra xógase todo á última carta tras gañar ao Borges Grup Vill en Lleida (1-4)
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro continúa sendo colista a pesar da vitoria ante o L'Escala (4-1)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro cede ante o Arteal e cae á última posición
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro mantense fóra dos postos de descenso a pesar da súa derrota ante o Vilagarcía
Por Almu Dapena |
-
O debut de Tsai Chun Yu non evita unha nova derrota do Tenis de Mesa Monte Porreiro
Por Redacción |