O equipo feminino do Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo, subcampión galego de pádel
Por Almu Dapena
Satisfacción no Círculo Cultural Deportivo Sanxenxo despois de competir nas Series Nacionales de Pádel.
O CCD Sansenxo proclamouse, a pasada fin de semana, subcampión galego da Series Nacionales de Pádel tras superar en semifinais ao PCR Centro Vida Sana. Na final, o equipo liderado por Eva Deza, foi superado por 9 puntos a 3 polo Club de Pádel Vilalba quedando en segundo lugar do torneo.
As compoñentes do conxunto pontevedrés comentaron que "este resultado é un reforzo para afrontar a recta final da liga Galega de Padel" e que están "eufóricas polo resultado obtido".
Pola súa banda, Paco Hernández e Noli Álvarez, Presidente do CCD Sanxenxo e Director Deportivo do CCD respectivamente, afirmaron estar "moi orgullosos dos resultados que están a obter os equipos de padel da nosa Sociedade".