O Poio Pescamar apoia por segundo ano a folga do 8M
Por Redacción
O primeiro persoal do Poio Pescamar secundará a folga feminista convocada para este venres 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Será a segunda vez que o faga, tras sumarse o pasado ano ás reivindicacións deste día. Desta forma o equipo, que conta nas súas filas con xogadoras profesionais, suspendeu o adestramento previsto para a tarde deste venres.
En lugar de exercitarse, está previsto que as futbolistas e corpo técnico acudan á lectura do manifesto do Día Internacional da Muller previsto na Casa Rosada de Poio ás 11:45 horas e despois desprazaranse a Pontevedra para participar nos actos convocados na capital provincial.
Desta forma a dobre sesión prevista para este xoves será a última antes do partido de liga que as vermellas afrontarán o sábado (18:30 horas) na Seca ante o Móstoles, un duelo importante para esquecer canto antes o tropezo da última xornada en Zaragoza e non descolgarse da pelexa pola terceira posición da Primeira División de fútbol sala.
Relacionadas:
-
Paso atrás do Poio Pescamar que se estrela ante a boa defensa do Guadalcacín (0-0)
Por Redacción |
-
Inesperada derrota do Poio Pescamar ante un rival asequible, o Sala Zaragoza (2-1)
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Poio Pescamar sobre Viaxes Amarelle (3-0) que o leva ao cuarto posto
Por Redacción & Diego Torrado |