O Pontevedra non se fía dun necesitado Burgos
Por Diego Espiño
O Estadio Municipal de Pasarón acollerá o domingo (17:00 horas) un partido de gran importancia para Pontevedra e Burgos, aínda que por motivos opostos. Os granates buscan deixar atrás o seu tropezo en Ponferrada para seguir aspirando ao play-off, mentres que os visitantes xóganse a permanencia na categoría.
A pesar da mala traxectoria en liga do Burgos, conxunto que marcha décimo quinto cos mesmos puntos (29) que a zona de descenso, Luismi non se fía e fala de "un equipo engañoso, porque son futbolistas con una trayectoria en 2ªB importante", asegura.
Tanto é así que "esperamos un partido complicado", sinala o técnico, xa que os burgaleses "no son un equipo que necesite jugar bien para ganar los partidos".
En canto aos granates, comparecerán con tres importantes ausencias, as de Borja Domínguez e Pedro Vázquez por sanción e a de Álvaro Bustos por lesión, o que obrigará a realizar un domingo máis cambios no once e a plantexar "algo distinto, las bajas así lo requieren", avanza o adestrador pontevedrés.
Ante este panorama son xusto 18 os futbolistas dispoñibles do primeiro plantel: Edu, Ualoloca, Nacho López, Juan Barbeito, Churre, Adrián León, Campillo, David Castro, Nacho Lorenzo, Kevin, Berrocal, Álex Fernández, Jesús Barbeito, Romay, Álex González, Pibe, Javi Pazos e Arruabarrena.
As entradas para o choque, de balde para as seguidoras do equipo pola campaña lanzada polo 8M, fixáronse en 25 euros en Tribuna, 15 en Preferencia e 10 euros nos fondos, mentres que o colexiado do encontro será o asturiano Pablo Fernández Pérez.
Relacionadas:
-
Un gol de Adrián Cruz no 89 deixa sen recompensa ao Pontevedra ante o Burgos (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Descartan que Álvaro Bustos sufra unha rotura muscular
Por Diego Espiño |
-
Saen Borja Domínguez e Pedro Vázquez, entra David Castro
Por Redacción |
-
O Pontevedra súmase ao 8-M con entrada de balde para as mulleres
Por Redacción |
-
Merece máis o Pontevedra primeiro e págao despois en Ponferrada (1-0)
Por Redacción |