Cutura, no top-10 histórico de goleadores de Asobal: "Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo"
Por Redacción
Non puido ser un día redondo pola derrota do equipo, pero Davor Cutura fixo historia o pasado sábado coa Sociedad Deportiva Teucro ao superar a barreira dos 1.600 goles conseguidos na Liga Asobal.
O central serbio, tras anotar 6 tantos ante o Granollers, colocouse con 1.603 goles en 333 partidos disputados na máxima categoría nacional defendendo as camisetas do propio Teucro, o Arrate, Granollers e BM Valladolid, situándose no Top-10 de goleadores históricos.
"Es una cifra bastante alta, no quiero pensar qué hubiera pasado si hubiera jugado aquí los seis años que estuve fuera de España", recoñeceu a Asobal o xogador teucrista.
Só un xogador en activo supéralle, unha lenda como Juanín García (2.655 goles), completanto o Top-10 histórico Demetrio Lozano (1.912), Fernando Hernández (1.878), Mateo Garralda (1.834), o ex-teucrista Velamir Rajic (1.704), Enric Masip (1.682), Iker Romero (1.625), Oleg Lvov (1.622) e Alberto Entrerríos (1.621).
"Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo, mucho sacrificio especialmente para mi familia que me acompañó todos estos años", explica Cutura.
A pesar da complicada situación do seu equipo en liga, metido en postos de descenso, Davor Cutura ocupa o segundo lugar no ranking de goleadores da tempada con 144 tantos en 20 encontros, só superado polos 150 de Leo Dutra no Ciudad Encantada.
Toda unha referencia que non se esquece das novas xeracións, esperando que "todo este sacrificio, trabajo, emoción y pasión sirvan a los jóvenes con los que paso tiempo en el equipo y también a mis hijos". Palabra dunha figura histórica da Liga Asobal por méritos propios.
Relacionadas:
-
Derrota en Puente Genil para un Teucro que ve cada vez máis preto o descenso (25-21)
Por Redacción |
-
O Teucro xoga media vida en Puente Genil
Por Diego Espiño |
-
Partidazo sen premio do Teucro ante o Bidasoa (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
"No vamos a rendirnos", avisa o Teucro antes de recibir o Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
O Teucro dá a cara pero non consegue evitar a derrota ante o Granollers (24-29)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Promoción teucrista para os encontros consecutivos ante Granollers e Bidasoa
Por Redacción |