Adrián León estará "de 7 a 15 días" de baixa
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol perde a Adrián León, como mínimo, para a próxima xornada de liga que se disputará o vindeiro domingo 17 de marzo en Salamanca.
O central granate foi sometido este martes a probas médicas tras pedir o cambio no duelo ante o Burgos debido a molestias musculares no abdutor da súa perna dereita.
Segundo confirmou o club, o resultado a ecografía realizada revelou que sofre unha "microrrotura" que necesitará "de 7 a 15 días" de tempo estimado de recuperación.
León únese así na enfermería a Álvaro Bustos, que xa se perdeu a última xornada por unha elongación no xemelgo e que é dúbida para o choque no Helmántico.
A boa noticia para Luismi está nos homes que volven estar dispoñibles tras cumprir un encontro de sanción, como é o caso de Borja Domínguez e Pedro Vázquez.
Relacionadas:
-
Unha segunda volta sen goles da dianteira
Por Diego Espiño |
-
Derrota vergoñosa dun Pontevedra sen capacidade de reacción en Salamanca (3-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra quere recuperar corda nun escenario histórico, o Helmántico de Salamanca
Por Diego Espiño |
-
Luismi bota contas para estar no play-off
Por Diego Espiño |
-
Un gol de Adrián Cruz no 89 deixa sen recompensa ao Pontevedra ante o Burgos (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Os "Amigos do Pontevedra C. F." non fallan a súa "xuntanza" anual
Por Ramiro Espiño |
-
Descartan que Álvaro Bustos sufra unha rotura muscular
Por Diego Espiño |