Ponte1Reto cumpre o seu obxectivo e entrega un triciclo adaptado a Amencer-Aspace
Por Redacción
O Club Ciclista Ponte1Reto completou a súa carreira máis importante da tempada, a de cumprir co seu obxectivo solidario.
Atrás quedan os quilómetros completados coa satisfacción de poder entregar, por segundo ano consecutivo, unha bicicleta adaptada para os usuarios de Amencer-Aspace.
En concreto Ponte1Reto fixo entrega dun triciclo adaptado que se poderá utilizar a partir de agora no Programa Rodando que realiza a asociación.
Os fondos necesarios para comprar este triciclo adaptado saíron da campaña de crowdfunding habilitada polo gran reto do Camiño de Juan.
O equipo ciclista, cumprido o obxectivo, pensa xa en seguir colaborando con Amencer e o Programa Rodando conseguindo ampliar aos poucos o seu parque de bicicletas adaptadas.
Relacionadas:
-
O club ciclista Ponte1Reto entrega por terceiro ano consecutivo unha bicicleta adaptada a Amencer-Aspace
Por Redacción |
-
Pontevedra dálle a volta á parálise cerebral
Por Manu Otero |
-
O festival do Princesa Letizia sorprende pola súa orixinalidade
Por Redacción |
-
Ponte1Reto completa o seu desafío máis especial
Por Redacción |
-
Ponte1Reto abordará o Camiño de Santiago Portugués en homenaxe a un compañeiro accidentado
Por Redacción |
-
Novas ilusións e obxectivos solidarios para o equipo Ponte1Reto
Por Redacción |