A Gimnástica organizará por segundo ano consecutivo un encontro da Primeira División Feminina de atletismo
Por Diego Espiño
A Real Federación Española de Atletismo confirmou este xoves a composición da xornada inaugural tanto na División de Honra como na Primeira División de atletismo, nas que competirá un ano máis a Sociedad Gimnástica.
A mellor noticia para o club pontevedrés é que a Federación outorgoulle por segundo ano consecutivo a organización dun dos enfrontamentos inaugurais da tempada na liga nacional, concretamente correspondente á Primeira División Feminina.
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acollerá dita xornada a fin de semana do 11 e 12 de maio, coa presenza ademais da Gimnástica do Universidad de León Sprint, o Atletismo Feminino Celta e o Image FDR burgalés.
Pola súa banda os mozos, que buscarán un ano máis a súa permanencia na máxima categoría, a División de Honra, estrearanse en Soria nas mesmas datas.
No seu caso os rivais serán o anfitrión, Atletismo Numantino, ademais da Real Sociedad vasca e o Club Atletismo Scorpio aragonés.
Relacionadas:
-
Medalla de bronce 'en diferido' para a remuda da Gimnástica no Campionato de España absoluto
Por Redacción |
-
A Gimnástica, campión de Galicia de clubs en categoría masculina
Por Redacción |
-
A Gimnástica vence na Copa Galicia de clubs en pista cuberta
Por Redacción |
-
Renovación nos equipos absolutos da Gimnástica
Por Redacción |
-
Os equipos da Gimnástica manteñen a categoría
Por Redacción |