"No vamos a rendirnos", avisa o Teucro antes de recibir o Bidasoa
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro non quere "que nadie baje los brazos ni tire la toalla" no tramo final da tempada, aínda que a permanencia na Liga Asobal complicouse nas últimas semanas.
"Que todo el mundo tenga claro que no vamos a rendirnos", asegura Luís Montes, que se fixa no espello do Cangas o pasado curso, equipo que "en la jornada 21 estaba con 6 puntos a 6 de la salvación", mentres que "nosotros estamos sólo a 2 puntos".
O técnico ten claro que "queda mucho, 9 partidos, 18 puntos por disputar y vamos a tener nuestras opciones".
A primeira oportunidade para sumar chega este sábado (20:30 horas) cun encontro complicado no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Bidasoa, segundo clasificado e "después del Barcelona la mejor defensa de la liga", opina Montes.
As baixas volverán ser unha dor de cabeza para os azuis, con Iván Fernández e Moyano descartados, ademais de Cangiani e Quintas. No caso de Moyano ademais as sensacións "no son buenas" e podería adiantar a data da operación que debe afrontar para solucionar a súa doenza no menisco.
Pola súa banda tanto Javi Santana como Rial non puideron adestrar con normalidade pola semana, pero tentarán forzar para axudar aos seus compañeiros.
O encontro entre Teucro e Bidasoa no Municipal pontevedrés será arbitrado por Alberto Rodríguez Rodríguez e Óscar Raluy López.
Relacionadas:
-
Partidazo sen premio do Teucro ante o Bidasoa (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cutura, no top-10 histórico de goleadores de Asobal: "Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo"
Por Redacción |
-
O Teucro dá a cara pero non consegue evitar a derrota ante o Granollers (24-29)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |