Borja González, vencedor do III RallyMix de Cuntis
Por Redacción
Os afeccionados ao motor gozaron esta fin de semana coa celebración do terceiro RallyMix Cuntis organizado pola Escudería Cuntis Vila Termal.
Foi unha proba emocionante repartida en dúas xornadas, tanto o sábado como na mañá deste domingo 17 de marzo.
Pouco máis de 14 quilómetros de espectáculo nun percorrido que mesturaba zonas de terra (70%) e de asfalto (30%).
Estaba previsto que o rally comezase con tres mangas cronometradas no seu primeiro día, pero o certo é que as numerosas saídas de pista dos pilotos participantes, con 70 vehículos inscritos, atrasou a competición e obrigou a trasladar unha das quendas oficiais a este domingo. Nin sequera algúns dos favoritos ao triunfo libráronse das incidencias.
Abel Jurado, que defendía título, non puido pelexar finalmente pola vitoria concluíndo na novena posición, un triunfo que foi para Borja González (Eco-Modular Motorsport) con 9.127 segundos de vantaxe sobre Javier Ramilo (Yacar Racing), mentres que o terceiro chanzo do podio e primeiro vehículo carrozado foi para o Peugeot 208 R5 de Manuel Osorio (Desguaces Tino Racing).
O terceiro RallyMix de Cuntis contou cunha elevada afluencia de público en cada unha das dúas xornadas de competición.
Consulta aquí a clasificación final oficial do III RallyMix Cuntis Vila Termal.
Relacionadas:
-
O RallyMix de Cuntis pecha a lista de rexistrados con 84 pilotos, entre eles Christine GZ e Nil Solans
Por Manu Otero |
-
Máis de medio cento de inscritos nun RallyMix de Cuntis que promete espectáculo na súa cuarta edición
Por Redacción |
-
Jan e Nil Solans, campións do Mundo júnior de rallys, grandes reclamos do IV RallyMix de Cuntis
Por Diego Espiño |
-
O RallyMix Cuntis Vila Termal promete emocións fortes na súa terceira edición
Por Redacción |
-
Abel Jurado leva a segunda edición do RallyMix Cuntis Vila Termal
Por Redacción |