Unha segunda volta sen goles da dianteira
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol agárrase aos números para pensar que non dixo dito a súa última palabra na liga, e é que os tropezos dalgúns dos seus rivais mantéñenlle aínda a 6 puntos do play- off de ascenso a pesar da mala dinámica das últimas semanas.
Con todo a marxe de erro reduciuse ao mínimo, e as sensacións do equipo deixan dúbidas, especialmente a domicilio, onde os granates deben afrontar 5 das 9 xornadas que restan para a conclusión do campionato regular.
Non existe unha única causa da irregularidade mostrada polos de Luismi, pero algunhas cifras son rechamantes como a seca que atravesan os dous dianteiros do equipo, Mikel Arruabarrena e Javi Pazos.
A dupla atacante prometíallas felices no principio do ano, con bos números ao pechar a primeira volta (6 de xaneiro) cun contundente triunfo en Pasarón ante o Castilla (3-0) na que ambos os dous anotaron, e que colocaba ao Pontevedra quinto empatado a puntos co cuarto posto e a só un punto do segundo lugar que ocupaba o Fuenlabrada.
Por aquel entón Arruabarrena acumulaba 7 goles e Pazos 6. Agora, dez xornadas sen ver porta despois, o equipo caeu á oitava praza tras sumar 12 de 30 puntos posibles, con 3 vitorias, 3 empates e 4 derrotas. Certo é que o play- off está a 6 puntos, pero o segundo posto está a 8 puntos polo único que lle separaba.
Durante ese período os granates anotaron 10 goles, e só un home repetiu diana, Álex González (2). Ademais conseguiron marcar un gol cada un Pedro Vázquez, Kevin, Borja Domínguez, Álvaro Bustos, Romay, Álex Fernández, Berrocal e Campillo. Nin sequera en Copa Federación rompeu o maleficio dos arietes, que neste período chegaron a fallar mesmo desde o punto de penalti, Arruabarrena na liga e Pazos na Copa.
ARRUABARRENA, BAIXA ANTE O GUIJUELO
Precisamente un dos dianteiros, Mikel Arruabarrena, únese esta semana á lista de ausencias para a próxima xornada de liga, a que lle enfrontará ao Guijuelo en Pasarón o vindeiro domingo 24 de marzo (17:00 horas) ao ver en Salamanca a quinta cartolina amarela da tempada.
A principal dúbida para Luismi está agora en saber se Adrián León e Álvaro Bustos, baixas a última semana por senllas lesións musculares, poden chegar a tempo para a cita. Ademais Nacho López concluíu o choque no Helmántico cun forte golpe no nocello esquerdo estando pendente de evolución.
Relacionadas:
-
O Pontevedra blíndase á presión
Por Diego Espiño |
-
Rivera aparece como salvador no 84 para dar un sufrido triunfo ao Pontevedra sobre o Guijuelo (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luismi agarda o Pasarón "de las mejores tardes" no duelo de aspirantes ante o Guijuelo
Por Diego Espiño |
-
Un mes de competición decisivo, sen saír de Galicia
Por Diego Espiño |
-
Derrota vergoñosa dun Pontevedra sen capacidade de reacción en Salamanca (3-0)
Por Redacción |
-
Luismi bota contas para estar no play-off
Por Diego Espiño |
-
Adrián León estará "de 7 a 15 días" de baixa
Por Diego Espiño |