As renovadas pistas de atletismo de San Pedro, escenario do Campionato Galego de 10.000
Por Redacción
O Estadio Municipal de San Pedro, en concreto a súa renovadas pista de atletismo, serán escenario a próxima fin de semana do Campionato Galego de 10.000 metros en pista ao aire libre.
Será a primeira vez que a instalación marinense acolla unha competición homologada, tras o certificado da pista outorgado pola Real Federación Española de Atletismo.
O Campionato iniciarase ás 10:45 horas coas carreiras de 5.000 metros de categoría sub-18 e sub-20 feminina, seguindo ás 11:10 horas os 5.000 metros sub-18 masculino e despois sucesivamente as probas de 10.000 metros absoluta feminina (11:35 horas), masculina absoluta seria A (12:30 horas) e serie B (13:15 horas).
Ademais o CD Pinarium, organizador do evento, ten prevista a organización dunha proba oficial para benxamíns, alevíns e infantís de 500 metros, en colaboración co Plan Xogade da Xunta de Galicia.
Á presentación do Campionato Galego de 10.000, celebrada este luns no Concello de Marín, acudiron a alcadesa, María Ramallo, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, o presidente do Pinarium, Diego González, o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e o concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba.