Poio estrea circuíto de carreiras populares
Por Diego Espiño
Cinco probas repartidas en cada unha das súas cinco parroquias. Así nace o primeiro Circuíto de Carreiras Populares Poio Móvese, iniciativa que foi presentada este mércores no Casal de Ferreirós.
"Pretendemos impulsar a participación en cada unha delas e dalas a coñecer", explicou a concelleira de Deportes, Marga Caldas.
O circuíto abrirá o vindeiro sábado 30 de marzo co recuperado Trail Ruta dos Muíños de Samieira, e seguiralle no calendario a nova Carreira Nocturna Móvete por San Salvador (6 de abril), o Maratón de Fátima en Campelo (11 de maio), a Carreira Popular pola lingua en Raxó (17 de maio) e a carreira Activa Combarro (26 de outubro).
Para participar da clasificación xeral do circuíto de carreiras será necesario participar en polo menos catro das probas que o compoñen, sendo a inscrición individual en cada un dos eventos deportivos.
PRIMEIRA PARADA, SAMIEIRA
Xunto ao Ciruíto de Carreiras Populares Poio Móvese presentouse este mércores a primeira das súas probas, coa cuarta edición do Trail Ruta dos Muíños.
Tras un ano de ausencia a carreira de montaña volve organizarse. Disputarase o sábado 30 de marzo con saída ás 16:00 horas desde a Praza Alfredo Romay e un percorrido de 17 quilómetros por algunhas das zonas de maior atractivo natural do municipio.
A inscrición para a ruta pode formalizarse na web www.championchipnorte.com a un prezo de 8 euros, sendo de balde a participación para menores de idade aínda que é necesaria inscrición previa.
Relacionadas:
-
A quinta edición da Carreira Popular Activa Combarro, última cita do circuíto Poio Móvese
Por Redacción |
-
Campelo volve botarse a correr na XXXII edición do Maratón de Fátima
Por Sofía Lorenzo |
-
O Maratón de Fátima en Campelo, terceira parada do Circuíto de Carreiras Poio Móvese
Por Redacción |
-
San Salvador apúntase ás carreiras populares
Por Diego Espiño |
-
O bo tempo e o fantástico ambiente, protagonistas da IV Carreira dos Muíños de Poio
Por Sofía Lorenzo |