O Teucro xoga media vida en Puente Genil
Por Diego Espiño
Data clave para a Sociedad Deportiva Teucro no seu obxectivo de manterse na Liga Asobal. Os azuis visitan este sábado (18:30 horas) a pista dun rival directo pola permanencia, o Ángel Ximénez de Puente Genil.
O cadro cordobés avantaxa aos pontevedreses en 4 puntos na táboa, polo que "ganando meteremos un partido más en la lucha", asegura Luís Montes convencido de que "cuando hacemos las cosas bien somos capaces de competir contra cualquiera".
Esa é a impresión que deixou o Teucro nos seus dous últimos partidos na casa, ante Granollers e Bidasoa, pero agora non basta con iso e sumar faise indispensable se non queren ver diminuír considerablemente as súas opcións de continuar na máxima categoría.
A ter en conta tamén, ademais dun posible triunfo, o average entre ambos os dous equipos tras o 31-34 da ida, e que en caso de empate a final de tempada pode resultar decisivo.
"Vamos convencidos de nuestras posibilidades", avisa o técnico teucrista, aínda que entende que se presenta un duelo complicado porque "la plantilla de Puente Genil para nada hace justicia a la situación que tienen en la clasificación".
Os azuis volverán contar co xogadores do filial que veñen completando a convocatoria nas últimas semanas ante as baixas de Iván Fernández e de Andrés Moyano, que todo apunta non volverá xogar esta tempada.
Os colexiados do encontro serán os cataláns Enric Escoda Pérez e Roland Sánchez Bordetas.
Relacionadas:
-
Derrota en Puente Genil para un Teucro que ve cada vez máis preto o descenso (25-21)
Por Redacción |
-
Partidazo sen premio do Teucro ante o Bidasoa (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Cutura, no top-10 histórico de goleadores de Asobal: "Los 1.600 goles significan sobre todo mucho trabajo"
Por Redacción |
-
O Teucro dá a cara pero non consegue evitar a derrota ante o Granollers (24-29)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |