O Marcón consegue un punto ante un dos equipos máis complicados, o Estradense (1-1)
Por Redacción
O Marcón Atlético enfrontouse esta fin de semana ao CD Estradense, un dos equipos máis complicados da categoría (segundo). Pola súa banda, os de Borja Burgos continúan pelexando por chegar a superar a barreira da parte media da táboa. Nesta ocasión, un choque dominado polo equilibrio durante todos os minutos de xogo deulle aos pontevedreses un punto tras a vitoria da pasada xornada ante o Juvenil.
Tras unha primeira parte igualadísima e sen goles, ante a ausencia de ocasións, e unha segunda metade na que se mantivo a mesma dinámica, parecía que o encontro finalizaría a ceros. Con todo, unha boa acción de Jorge Casal puxo ao cadro local por diante no marcador no 76'. Ante esta situación, os visitantes reaccionaron e catro minutos despois marcaron o 1-1 por medio de Sapi.
Consulta a acta do CD Estradense-Marcón Atlético.
O Beluso, tras as dúas vitorias consecutivas das últimas xornadas, afástase un pouco da parte máis alta da táboa e posiciónase quinto ao non ser quen de gañar ao Juvenil, que pelexa por chegar aos postos líderes, en Pardellas.
O choque estivo notablemente dominado polo cadro local, que xa aos tres minutos de xogo poñíase por diante no marcador cun gol de penalti de Portas. A partir dese momento, varias ocasións de aumentar a renda dos anfitrións terminaron por conseguir o que pretendían. No 21', Rubén Besada marcaba o 2-0, que frustraba as esperanzas dos de Rial. Con ese resultado fóronse ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios, o aumento da intensidade de xogo dos visitantes, logrou frear en certa medida ao seu rivais. Con todo, isto non duraría moito, xa que no 78', Aitor Gómez anotou o definitivo 3-0, dificilmente remontable para os bueuenses.
Consulta a acta do Juvenil de Ponteareas-CD Beluso.
Choque directo o desta fin de semana entre o Villalonga FC e o SD Amencer en San Pedro, que terminou con tres novos puntos para os primeiros no seu camiño por ascender todo o posible na táboa e asegurarse a permanencia na categoría.
A primeira parte estivo claramente liderada polos locais, que en algo máis de 10 minutos, aproveitando os fallos dos de Ricardo Dios en defensa, marcaron dous goles (10' e 24'), ambos de Javi Vila. Co 2-0 marcharían ao descanso.
Tras o parón, Non tardou Guerra en ampliar a renda dos anfitrións cun tanto no 47'. Uns minutos despois chegou o primeiro gol visitante, que foi materializado por Iván Renda en propia porta. Así, lograban reducir distancias. E continuaron facéndoo, esta vez, cun tanto de Javichu a falta de 4 minutos para o asubío final. Pero non era suficiente para os de Villalonga, polo que, a un minuto do termo, marcaron, por medio de Dani Domínguez, o definitivo 4-2.
Consulta a acta do Villalonga CF-SD Amanecer.
Outro derbi, o que lles tocou disputar este domingo ao Xuventú Sanxenxo, que continúa ascendendo pola táboa, e ao Juventud Cambados, que, pola súa banda, pelexa por regresar aos postos líderes da categoría. Con todo, ambos tiveron que conformarse, nesta ocasión, coa repartición de puntos tras un choque estritamente igualado no que ningún dos dous equipos logrou poñerse en ningún momento por diante no marcador.
A destacar, a expulsión do terreo de xogo, por parte do colexiado, do adestrador local, Nel Blanco, a falta de 4' minutos para o termo do partido.
Consulta a acta do Xuventú Sanxenxo-Juventud Cambados.
Tras a vitoria da pasada semana ante o Cultural Areas, o USD do Grove perdeu este domingo contra o CD Valladares en Monte da Vila. Os locais non conseguen poñer terra polo medio entre a zona de perigo e eles (agora penúltimos a sete puntos da salvación). Pola súa banda, os visitantes seguen pelexando por ascender na táboa e abandonar o ecuador da mesma.
Os de Ponteareas dominaron o xogo durante os 90 minutos, aínda que custou en chegar o primeiro gol dos mesmos. No 20', Bruno Vila anotou o 0-1 na portería de Álex Sánchez. Coa vantaxe dos primeiros iríase o choque ao descanso.
Tras o paso polos vestiarios volveron aínda máis forte os de Andrés Costas, pero parecía que tamén os anfitrións estaban máis metidos no xogo. Con todo, no 52', Víctor Vázquez marcou o segundo, aumentando a renda do seu equipo. Cinco minutos despois, Jacobo puido recortar distancias cun penalti, e así o fixo, co 1-2. Pero cando parecía que aínda era posible, polo menos, a repartición de puntos, Luciano marcou o 1-3 en propia porta, sentenciando definitivamente o partido.
Relacionadas:
-
Durísima derrota do Marcón ante o Moaña no Carrasco (0-5)
Por Redacción |
-
O Sanxenxo pon fin á súa boa racha coa derrota ante o Marcón (0-1)
Por Redacción |
-
O pasamento dun dos afeccionados do SD Bande leva á suspensión do choque ante O Grove
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Derrota do Marcón ante o líder, o Pontellas, por un gol en propia de Antonio Suárez (1-0)
Por Redacción |
-
Un intenso e inesperado final de partido da a vitoria ao Marcón sobre o Mondariz (2-1)
Por Redacción |
-
O Marcón faise co derbi ao derrotar ao Beluso nas Laxes (0-1)
Por Redacción |