O Pontevedra blíndase á presión
Por Diego Espiño
Entra nun momento clave da tempada o Pontevedra Club de Fútbol. O triunfo 'in extremis' ante o Guijuelo mantén aos granates na pelexa por entrar no play-off, agora a 4 puntos de distancia, nun mes no que non terá quer saír de Galicia, con partidos fóra ante Fabril e Coruxo e na casa ante Sanse e Rápido de Bouzas.
É unha gran oportunidade de estreitar o cerco sobre o cuarto posto e sábeno no club pontevedrés, que quixo blindarse da presión externa na semana na que visitará ao pechacancelas, Fabril (sábado 17:00 horas) dirixida polo seu ex-adestrador Luisito.
Por primeira vez esta tempada a entidade de Pasarón decidiu realizar unha sesión preparatoria a porta pechada, concretamente a que realizará o vindeiro mércores no seu estadio.
Ademais limitará as entrevistas dos futbolistas aos medios de comunicación.
O que si se mantén son as habituais roldas de prensa do adestrador, Luismi, o mesmo mércores e o venres, na véspera de afrontar unha nova xornada.
Relacionadas:
-
David Castro e Edu achegan ao Pontevedra ao play-off á conta do Fabril (0-1)
Por Ramiro Espiño |
-
Concentración máxima no Pontevedra para enfrontarse a un Fabril que "está en la UCI pero no muerto"
Por Diego Espiño |
-
A decisión de traballar a porta pechada "nos puede venir bien", asegura Luismi
Por Diego Espiño |
-
Rivera aparece como salvador no 84 para dar un sufrido triunfo ao Pontevedra sobre o Guijuelo (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Un mes de competición decisivo, sen saír de Galicia
Por Diego Espiño |
-
Unha segunda volta sen goles da dianteira
Por Diego Espiño |