Unha travesía a nado entre Sálvora e O Grove será a segunda cita da Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Redacción
A Triple Coroa Illas Atlánticas volverá este verán á ría de Arousa, tras a proba realizada en 2017 entre Sálvora e Vilagarcía.
Nesta ocasión será cunha travesía a nado entre a propia illa de Sálvora e O Grove, que se disputará o día 7 de setembro con 19 quilómetros de percorrido. Os nadadores sairán da praia do Almacén, na illa de Sálvora, pasarán polo illote de Aroso, na Illa de Arousa, ata chegar á praia de Confín, no Grove.
Será o segundo reto da Triple Coroa, dando continuidade á travesía entre Cíes e Baiona celebrada o pasado ano.
A inscrición estará limitada a 170 nadadores, segundo informa a organización, con apertura de inscricións o día 2 de abril para os que tomaron parte na primeira cita da competición en 2018 e o 5 de abril para o resto de deportistas a través da plataforma www.championchipnorte.com.
A segunda edición do desafío Triple Coroa Illas Atlánticas completarase en 2020 coa súa etapa máis longa, a que unirá a illa de Ons e Combarro con 23 quilómetros de percorrido.
Relacionadas:
-
Aprazada a 2021 a travesía a nado entre Ons e Combarro polo coronavirus
Por Redacción |
-
Dezaseis quilómetros a nado para recadar fondos para a ELA
Por Almu Dapena |
-
O vento obriga a recortar a travesía a nado entre Sálvora e O Grove: Kimbo Vallejo e Andrea de las Heras, gañadores
Por Redacción |
-
Máis de 160 nadadores competirán na Triple Coroa Illas Atlánticas
Por Almu Dapena |
-
Hugo Ribeiro e Rebeca Santos, vencedores da travesía a nado entre Sálvora e Vilagarcía
Por Redacción |