A decisión de traballar a porta pechada "nos puede venir bien", asegura Luismi
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol adestrou este mércores a porta pechada no Estadio Municipal de Pasarón, medida extraordinaria que repetirá o vindeiro venres, na véspera de visitar ao Fabril na Coruña (sábado, 17:00 horas).
Trátase, explica Luismi, dunha decisión que busca "variar algo" na rutina do equipo pensando en mellorar a dinámica fóra da casa. "Así podemos trabajar algunos aspectos que nos van a venir bien para el sábado", defendeu en relación a variantes tácticas e a xogadas a balón parado.
Non responde, asegura o técnico, á proximidade do rival ou de que no seu banco estea un vello coñecido como Luisito. "No nos fijamos en que sea el Fabril o que ocupe la última posición, jugamos fuera y queremos ganar".
Así o sinalou tras a sesión de preparación, na que por primeira vez nas últimas semanas non contou con ningún xogador afectado de problemas físicos. Tampouco contará con sancionados esta semana, polo que "estoy contento porque puedo decir que tengo a todos disponibles", declarou Luismi, xa que a única baixa é a de Javi López, sen ficha desde o mercado invernal.
En relación ao encontro do pasado domingo, no que o xogo non foi o desexado pero no que se conseguiron os tres puntos, Luismi cre que nesta fase da competición "lo ideal sería jugar bien y ganar, pero si tengo que elegor a estas alturas elijo ganar".
Que é un momento clave sábeo ben o equipo e tamén o corpo técnico, que fala da necesidade de "conseguir enlazar 2-3 victorias seguidas" para meterse de cheo na pelexa por entrar no play-off de ascenso.
VIAXE PARA ACOMPAÑAR O EQUIPO
A importancia do duelo do sábado coñécea tamén a cúpula directiva, que anunciou a organización dunha viaxe en autocar para os afeccionados interesados, e que terá un custo total de 10 euros (entrada incluída) para o público adulto e de 3 euros para os menores de 13 anos.
Será posible apuntarse ao desprazamento nas oficinas do club ata o vindeiro venres día 29 de marzo.
Relacionadas:
-
David Castro e Edu achegan ao Pontevedra ao play-off á conta do Fabril (0-1)
Por Ramiro Espiño |
-
Concentración máxima no Pontevedra para enfrontarse a un Fabril que "está en la UCI pero no muerto"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra blíndase á presión
Por Diego Espiño |
-
Rivera aparece como salvador no 84 para dar un sufrido triunfo ao Pontevedra sobre o Guijuelo (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |