Concentración máxima no Pontevedra para enfrontarse a un Fabril que "está en la UCI pero no muerto"
Por Diego Espiño
A cidade deportiva do Deportivo en Abegondo será escenario este sábado (17:00 horas, TVG2), dun duelo de vital importancia para o Pontevedra, que debe gañar ao Fabril para estreitar o cerco sobre os catro primeiros postos.
O filial deportivista chega á cita como pechacancelas da categoría e a 14 puntos do play- out, pero "no han perdido ningún partido de manera fácil", avisa Luismi.
O técnico quere máxima concentración nos seus para evitar caer na relaxación e que se escapen uns puntos moi necesarios para o equipo. "La concentración tiene que ser igual que si fuera el primero", defende.
Ademais asegura o preparador pontevedrés que o Fabril "está en la UCI pero no muerto" e por tanto sairá a por todas, máis tendo en conta o carácter que lle ortorga desde o banco o ex-granate Luisito.
Desde a súa chegada ao banco, o filial gañou no seu primeiro encontro ao Burgos e empatou unha semana despois ante o Salamanca, pero desde entón no seguintes cinco xornadas só sumou un punto, ante o Coruxo na casa.
A boa noticia esta semana para Luismi é que ten a todo o seu plantel dispoñible, tendo en conta que o lesionado Javi López non conta con ficha federativa desde o mercado invernal, polo que viaxarán todos a Coruña e unha vez no campo dará a coñecer a lista definitiva para o choque.
Por outra banda, os granates non estarán sós no seu desprazamento, xa que a afección mobilizarase con dous autocares confirmados na viaxe organizada polo club sumado aos seguidores que decidan achegarse nos seus vehículos particulares.
O encontro será arbitrado polo castelán-leonés Carlos Pérez Fernández.
Relacionadas:
-
David Castro e Edu achegan ao Pontevedra ao play-off á conta do Fabril (0-1)
Por Ramiro Espiño |
-
A decisión de traballar a porta pechada "nos puede venir bien", asegura Luismi
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra blíndase á presión
Por Diego Espiño |
-
Rivera aparece como salvador no 84 para dar un sufrido triunfo ao Pontevedra sobre o Guijuelo (2-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |