Retoman a idea de impulsar a creación do equipo femenino de rugby
Por Almu Dapena
Pontevedra quere competir a próxima tempada na liga feminina de rugby. Contan con oito deportistas que xa adestran na Xunqueira todos os venres, pero necesitan sete máis para poder formar equipo. Por iso, animan a todas as mozas para que vaian probar e coñézano de primeira man.
Despois de levar varios meses tentando a formación deste equipo, Félix Álvarez, presidente do Pontevedra Rugby Club, volveu insistir na creación do conxunto feminino. Quere eliminar a imaxe errónea que se ten deste deporte, xa que "es considerado un deporte bruto, pero en cuanto se prueba es muy diferente a lo que se cree", explicou durante a mañá deste venres na presentación da Concentración de Escolas de Rugby Anual que se celebra este sábado 30 nos campos da Xunqueira.
Pola súa banda, Anxos Riveiro, concelleira de deportes, comentou que no momento en que se fixo o estudo das escolas deportivas municipais achega do xénero e o deporte, unha das cuestións que máis chamou a atención foi a imaxe que tiñan os pais e nais á hora de matricular aos nenos e nenas nunha modalidade deportiva. "Piragüismo e rugby eran os deportes más retraídos, e non veían ás nenas practicandoos por cuestións de desarrollo físico e estereotipos", explicou.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Rugby Club dá o salto á División de Honra B Feminina: "é unha gran oportunidade"
Por Diego Espiño |
-
A canteira do Pontevedra Rugby Club déixase notar no Campionato de España de Autonomías
Por Redacción |
-
Rugby e educación, da man na Xunqueira
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Xunqueira acollerá a reunión anual das escolas de rugby de Galicia
Por Redacción |
-
O Pontevedra Rugby Club certifica a permanencia na LGR1
Por Redacción |