"Partido transcendental" para o Teucro, que recibe sen marxe de erro o Huesca
Por Diego Espiño
Non pode fallar o Teucro no seu partidos no Municipal se quere seguir tendo opcións de permanencia na Liga Asobal, empezando por este sábado (19:00 horas) na visita do Huesca.
"Quedan 7 partidos, 14 puntos. Mientras estén esos puntos hay vida y hay que agarrarse hasta el final", asegura o gardameta Javi Santana escenificando o sentir do plantel teucrista.
"Sin querer calificarlo como final para nosotros es un partido trascendental", recoñece á súa vez Luís Montes, "tanto a nivel clasificación como anímico" cando se aveciña un parón na competición.
Para iso, trasladan, será necesario o apoio "de cada uno de los socios y personas de la ciudad que todavía creen" para parar a un Huesca que "junto a Bidasoa es una de las mejores defensas de la liga", sinalou o técnico na rolda de prensa previa ao choque.
A nivel deportivo, unha semana máis os problemas físicos marcan a preparación dos azuis máis aló dos lesionados de longa duración, con Iván Fernández aínda de baixa "indefinida" e Gehrhardt dúbida por problemas no nocello.
Os colexiados do encontro serán os cataláns Jordi Ausas Busquets e Miquel Florenza Virgili.