O Ribadumia continúa ancorado á zona de perigo tras a derrota ante o Ourense CF (0-1)
Por Redacción
O CD Ribadumia non logra poñer terra polo medio e deixar atrás a zona de perigo. Tras a derrota desta fin de semana na Senra ante o Ourense CF, equipo da parte media da táboa, os locais mantéñense no terceiro posto pola cola.
Comezou dominando o cadro visitante que, dous minutos despois do asubío inicial, púxose por diante no marcador. Foi Renan Zanelli quen materializou un gol na portería de Ángel Expósito. A partir dese momento, a igualdade foi a protagonista do partido. Os anfitrións non foron quen de igualar o electrónico e os ourensáns non arriscaron na área. Así que, finalmente, os tres puntos fóronse para Ourense tras o axustado 0-1.
Consulta a acta do CD Ribadumia-Ourense CF.
O Arosa viaxou esta fin de semana para enfrontarse ao pechacancelas de Terceira: o Porriño Industrial. Os arousáns, tras a vitoria da pasada xornada ante o UD Ourense, que os colocou un paso máis preto dos postos máis altos da táboa, non foron quen de derrotar aos anfitrións deste sábado e desaproveitaron a oportunidade de sumar tres valiosos puntos.
Empezaron xa forte os locais, que a escasos tres minutos do inicio do choque, adiantábanse no marcador grazas a Leandro Costa. Pero a vantaxe non lles duraría moito, xa que os visitantes responderon pouco despois (12') cun gol de Pablo González, que establecía as táboas. A pesar de realizar unha moi boa primeira parte, na que os arousáns crearon varias ocasións de gol, de Sylla, Chiqui e Luís García, estes non conseguiron materializalo e fóronse ao descanso co 1-1.
Durante os primeiros minutos do segundo tempo, a dinámica foi a mesma. Os de Rafa Sáez continuaron liderando o xogo. Aos dous minutos da continuación, Sylla desaproveitaba unha oportunidade clara en portería. O balón foise sobre o traveseiro. Pero non tardaría en chegar o segundo. De man de Miqui, tras pase de Chiqui, volveron poñerse por diante (1-2). A continuación (79'), tras dous intentos errados, o Porriño logra o empate grazas a Gabi.
Finalmente, cando todo o mundo xa pensaba que tocaría a repartición de puntos, Benja marcou no tempo de desconto e deu a volta a un partido cun sabor de boca máis que amargo para os arousáns (3-2).
Consulta a acta do Porriño Industrial-Arosa SC.
Pola súa banda, o Céltiga visitou Bergantiños este sábado para disputar o choque directo ante o Laracha CF, que, tras o encontro, continúa un posto por encima dos arousáns. Estes últimos, pola súa banda, suman, con este, o seu segundo empate consecutivo. Un punto que non serve de moito pero que axuda a que se manteñan a certa distancia da zona de descenso (décimo sextos con 32 puntos).
O choque estivo moi igualado desde o primeiro minuto, algo que cabía esperar tendo en conta este tipo de partido. Tras a vitoria dos visitantes o pasado mes de novembro no Salvador Otero, nesta ocasión tiveron que conformarse coa repartición de puntos ao finalizar sen goles por parte de ningún dos dous cadros.
Relacionadas:
-
O Arosa di adeus casi a toda posibilidade de entrar na fase de ascenso ao caer ante o Arenteiro (2-1)
Por Redacción |
-
Xornada redonda para un Céltiga que casi abandona a zona de perigo gañando ao Somozas (2-0)
Por Redacción |
-
O Arosa non aproveita a superioridade numérica e cae ante o Choco na casa (0-1)
Por Redacción |
-
Partido de necesidade que remata con final feliz para o Ribadumia a costa do Céltiga (3-2)
Por Redacción |
-
Dous goles de Sylla na Lomba dan a vitoria ao Arosa ante o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Un gol de Luís García dálle ao Arosa unha importante vitoria ante o UD Ourense (1-0)
Por Redacción |
-
Cómoda vitoria do Arosa ante o Bergantiños na honra de Abelardo Gómez (2-4)
Por Redacción |
-
O Céltiga vence a un dos pesos pesados da categoría, o CD Barco
Por Redacción |