Catro medallas pontevedresas no Campionato de España de Novas Promesas
Por Almu Dapena
O piragüismo pontevedrés deuse cita esta fin de semana no Campionato de España de Novas Promesas 2019 celebrado no lago de Arcos de la Frontera (Cádiz), onde competiron ao redor de 900 deportistas de categorías infantil e cadete de toda España.
Cun total de catro medallas que non chegaron ata o último día de competición, as deportistas dos clubs da comarca lograron tres ouros e unha prata das oito conseguidas pola delegación galega (tres ouros, tres pratas e dous bronces).
A primeira medalla da mañá do domingo logrouna a canoista do Breogán do Grove, Valeria Oliveira, que gañou a carreira da final C1 Cadete B superando con máis de 25 segundos á segunda clasificada, do Náutico Pollença.
Na categoría muller C1 Cadete A, as deportistas da EP Ciudad de Pontevedra, Antía Otero e Ángela Jorge finalizaron primeira e segunda respectivamente superando a Rosalía García do Club Piragüismo As Torres.
Por último, Carmen Devesa do Breogán do Grove quedou como vencedora na categoría K1 Cadete B con 20 segundos de vantaxe sobre a segunda clasificada, deportista do Club Náutico de Palma.
Os clubs galegos máis destacados nesta competición foron o Club Náutico Pontecesures que logrou o segundo posto da clasificación con 1.965 puntos e a EP Ciudad de Pontevedra que logrou o décimo posto sumando un total de 1.184 puntos.
Relacionadas:
-
Os clubs pontevedreses, protagonistas no primeiro Campionato Galego de piragüismo de fondo
Por Redacción |
-
O Club Naval de Pontevedra e As Torres triunfan no Galego de Inverno de Barra de Miño
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés busca en Trasona a clasificación para o Europeo
Por Redacción |
-
Doblete para o Piragüismo Cambados na liga galega de kaiak de mar
Por Almu Dapena |
-
Chuvia de medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |
-
A EP Ciudad de Pontevedra domina xunto ao Náutico Firrete o Galego de Novas Promesas
Por Redacción |