O Judo Club Pontevedra, coa elite galega
Por Redacción
O Pavillón Municipal do Milladoiro, no municipio coruñés de Ames, foi escenario dunha xornada de adestramento convocada pola Federación Galega de Judo.
Á mesma acudiron preto de 170 judocas de todas as categorías nunha intensa xornada de tecnificación deportiva que servía ademais como preparación para o próximo Campionato de España Escolar.
Na mesma estivo ben representado o Judo Club Pontevedra con oito dos seus deportistas.
Asistiron convocadas as tres medallistas infantís do Judo Club Pontevedra que adestran no ximnasio arousán Squash Villagarcía: Leyre Villamediana, Anxos Abad e Irene González, bronces no vixente Campionato de Galicia Escolar. Os outros 5 compoñentes da escuadra foron Martín Coejo-Cuiñas, Ángel Vieira, Hugo González, Anxo Docampo e Michael García, ademais do adestrador Fran Miguens.
Na concentración da Federación Galega deuse cita a elite autonómica deste deporte, con presenza de campións galegos e medallistas nacionais nas diferentes categorías.